REVISTA ABRIL

Los Secretos, Sidonie e Bely Basarte entre as novas confirmacións do Festival TerraCeo

O Festival TerraCeo confirma novas datas e novos artistas entre os que se atopan Los Secretos, Sidonie, Bely Basarte ou David Rees. Aumenta o número de mulleres sobre o escenario do Mar de Vigo, así como de artistas galegos. Carlos Sadness e Andrés Suárez anuncian novas datas pois as entradas dos seus primeiros concertos se esgotaron rapidamente.

O Festival TerraCeo anuncia a incorporación de 14 novos artistas á súa programación para este verán, ascendendo a 33 concertos nos que participarán 39 grupos e solistas. Los Secretos volven o 28 de maio ao evento celebrado na terraza do Auditorio Mar de Vigo, despois do éxito colleitado na edición pasada. David Rees súmase aos nomes xa anunciados do mes de xuño, a súa participación abre o festival aos espectáculos para toda a familia. Xullo será o mes de Califato, Sidonie, Leo Harlem, Angel Stanich, R de Rumba + Sho Hi, Paco Ibáñez, Freedonnia e Triángulo de Amor Bizarro. En agosto subiránse ao escenario Bala, Grison e Jaime Caravaca, Bely Basarte e Rulo y la Contrabanda. O programa continúa aberto, polo que seguirán anunciándose novas incorporacións.

Entre as novidades do segundo avance do programa do festival para 2021 está a participación de 9 mozas solistas femininas e grupos integrados só por mulleres. O Festival acollerá a presentación de dous discos da escena emerxente da música feminina en Galicia, os novos traballos de Dani e do dúo Bala. En TerraCeo participarán tamén este ano Wyyga, Its soul, Sanny, Irene e Mariña, Carolina Rubirosa e Zeltia. Repite, ademais, a cantante de porriñesa Xoana, que tivo unha memorable participación na primeira edición do Festival.

Ademais, debido á alta demanda nos concertos de Carlos Sadness e Andrés Suárez, que esgotaron as entradas rapidamente, confírmanse dúas novas datas para ambos artistas, o 7 e o 14 de maio respectivamente.

As entradas xa están dispoñibles na nova plataforma de venta online Teuticket. Podes acceder premendo neste enlace.

Programación completa, a continuación (as novas confirmacións están marcadas en negriña):

MAIO

REVISTA ABRIL
  • 1 Taburete
  • 7 Carlos Sadness
  • 8 Carlos Sadness
  • 14 Andrés Suárez
  • 15 Andrés Suárez
  • 21 Baiuca
  • 22 Resentidos
  • 23 Kevin Johansen
  • 28 Los Secretos
  • 29 Pol Granch

XUÑO

  • 4 Annie B. Sweet
  • 5 Juancho Marqués
  • 11 The Soul Jacket
  • 12 Kutxi Romero
  • 13 David Rees
  • 18 La Habitación Roja
  • 19 Sr Chinarro
  • 25 La Bien Querida
  • 26 El Kanka

XULLO

  • 2 Califato
  • 3 Sidonie
  • 9 Nach, piano e voz
  • 15 Leo Harlem
  • 16 Leo Harlem
  • 17 Angel Stanich
  • 23 R de Rumba + Sho Hi
  • 24 Paco Ibáñez
  • 30 Freedonnia
  • 31 Triángulo de Amor Bizarro

AGOSTO

  • 5 Bala
  • 15 Grison e Jaime Caravaca
  • 20 Bely Basarte
  • 21 Rulo y la Contrabanda