CIRCO DE NADAL
JORGE PARDO

Sex Museum, El Drogas e Viva Suecia, novas confirmacións do Festival Terraceo para setembro

Desde que naceu en xullo, o Festival Terraceo non deixa de crecer. Xa son varias ducias de artistas, entre músicos e cómicos os que se apuntaron a actuar no pequeno escenario da terraza do auditorio Mar de Vigo, acompañando as súas actuacións das fantasticas vistas sobre a ría que ofrece o emprazamento. Sex Museum, El Drogas e Viva Suecia son as últimas confirmacións, que poñerán as notas máis rockeiras ata a data.

Viva Suecia

Transcorridas 5 semanas e 21 noites de Festival TerraCeo fronte ás Cíes, e tras a boa acollida do público, tanto en afluencia como en cumprimento do protocolo especial de seguridade, o Auditorio Mar de Vigo decidiu ampliar a programación ao mes de setembro: o 4 de setembro Sex Museum; o 5 de setembro, El Drogas; a noite do 12 de setembro, Viva Suecia.

O veterano grupo de rock madrileño Sex Museum chega á cidade na súa xira de presentación do seu último single cunha proposta que será especialmente interesante en Vigo, xa que o seu novo repertorio inclúe a versión de ‘Bailaré sobre tu tumba’ coa que homenaxean o 40 aniversario de Siniestro Total.

REVISTA NOVEMBRO

O ex líder, vocalista e baixista de Barricada, El Drogas, propón, como sempre, rock auténtico, pero engade unha luminosidade acústica nova, hardcore, música negra, industrial… Como sempre construída a partir de versos infestados de compromiso, literatura e actualidade.

Viva Suecia creou algúns dos grandes éxitos musicais de España nos últimos anos, como  ‘A dónde ir’, ‘Bien por ti’, ‘Lo que te mereces’, ‘Hemos ganado tiempo’ o ‘Algunos tenemos fe’. A crise sanitaria interrompeu a xira de presentación do seu último traballo: ‘El Milagro’. E tras o confinamento idearon un novo espectáculo, máis íntimo, pero cos cinco membros da banda sobre o escenario. Decidiron facer das condicións actuais dos concertos unha oportunidade: a de interpretar as súas mellores cancións cunha nova mirada que aproveita a proximidade co público que ofrece a limitación de aforo. Comparecen no Mar de Vigo o 12 de setembro.

As entradas para estes concertos estarán dispoñibles desde hoxe (11 de agosto), a partir das 14:00 na web de Ataquilla. Así queda a programación:

  • Venres 14 de agosto: Kiko Veneno
  • Sábado 15: Carlos Sadness
  • Domingo 16: Carlos Sadness
  • Sábado 22: Marlango
  • Xoves 27: Recycled J e Kimberly
  • Venres 28: Miss Cafeína
  • Sábado 29: Rodrigo Cuevas
  • Venres 4 de setembro: Sex Museum
  • Sábado 5: El Drogas
  • Sábado 12: Viva Seucia