REVISTA MARZO

Sendeiro Local de Candeán

O Sendeiro Local de Candeán iníciase no emblemático Parque Forestal do Vixiador, coa súa cantina como referente. Discorre polos variopintos montes de Candeán, cunha combinación de variedade forestal moi chamativa no outono e cunha multiplicidade de lugares destacados polo legado arqueolóxico (Mámoa do Vixiador, Mámoa do Ferradouro e de Costa Frieira, Necrópole de Chan dos Touciños e Mámoa “Casa dos Mouros”, entre outras).

Banner A Movidiña

Tamén aparecen polo percorrido curiosidades como a Lagoa dos Seixos, cunha biodiversidade de alto interese biolóxico, a Plantación de oliveiras ou perspectivas panorámicas diferentes ás dos demais montes.

KM: 8,6
DURACIÓN: 3 H
DIFICULTADE: BAIXA
Punto de partida: Parque Forestal do Vixiador
Variantes: Parque Forestal do Vixiador (3,2 km)

Máis sobre os montes e sendeiros de Vigo.