bannerEspazoFest
Banner OSDC

Sendeiro Local de Bembrive e Beade

O Sendeiro Local de Bembrive – Beade é o máis extenso dos trazados, podendo realizarse como un todo (14,4 km) ou en dous tramos: un en Bembrive, con inicio na Área recreativa do Pouso, e outro en Beade, con inicio no Parque forestal de Beade. Estas dúas alternativas están sinalizadas en azul.

En ambos casos circúlase por espazos forestais, dedicados fundamentalmente a explotación forestal e de froiteiras (cerdeiras en Beade), no que se habilitan espazos moi destacados de lecer e de sendeirismo. Tamén se atopan algúns dos enclaves máis sorprendentes do termo municipal, particularmente o parque botánico do río Eifonso, os camiños a carón da Aldea da Fraga de San Cibrán e a Casa das Augas, dende onde hai tempo se subministraba a auga ao depósito do monte do
Castro.

Banner A Movidiña

Outros dos atractivos deste sendeiro son as vistas panorámicas da cidade de Vigo que se poden ollar dende a Fonte das Regas, o alto de Quintián ou o Parque forestal de Beade.

KM: 14,4
DURACIÓN: 6 H
DIFICULTADE: alta
Punto de partida: Parque Forestal de Beade
Variantes: Área Recreativa O Pouso (9,6 km) e Parque Forestal de Beade (5,5 km)

Máis sobre os montes e sendeiros de Vigo.

X