bannerRevistaOnline

Sendeiro Local de Oia

O Sendeiro Local de Oia circula polo tramo alto dos montes xestionados con moita dedicación por parte dos membros da Comunidade de montes de Oia. Combinan os ingredientes propios dun monte periurbano: espazos de uso social, como o Parque forestal, por certo moi concorrido, con espazos de intensa xestión forestal co propósito de acadar a sostenibilidade.

No traxecto, que coincide en parte coa Senda panorámica de Vigo (GR-53), pódese acceder a miradoiros naturais
que coroan a Ría de Vigo, particularmente o localizado ao carón da Antena de Salvamento Marítimo. Tamén é de
salientar o punto máis alto do sendeiro, na Fonte do Sapo, que ten a particularidade de ser punto de encontro coas
Comunidades de montes de Coruxo e de Saiáns, así como coa de Camos, en Nigrán.

KM: 5
DURACIÓN: 2 H
DIFICULTADE: media

Máis sobre os montes e sendeiros de Vigo.

X