VIALIA
PLAYDOC

Sente o ritmo de O Marisquiño nos concertos e nas discotecas

Ademais do apartado deportivo, O Marisquiño ofrece unha coidada selección de concertos. Pero a festa segue despois da caída do sol: varias discotecas ofertan unha programación especial durante os días que dure o festival. Podes escoitar aquí unha playlist cos artistas que actúan nel.

Festa de aniversario en Molotov | Molotov

O cartel musical do 23º festival de deportes urbanos O Marisquiño, entre o 10 e o 13 de agosto, reune a 15 artistas urbanos no novo escenario situado a pé de praia en Samil, nos xardíns das Dornas. Entre os artistas musicais haberá forte presenza de mulleres e nomes de Vigo, Galicia, España e outros países.

Tamén con motivo do Marisquiño, a catalá Bad Gyal actuará en Castrelos esta noite. As entradas para pista están esgotadas, pero o acceso ás gradas é gratuíto e sen aforo máximo.

Soará en Samil a música de Sticky M.A. (trap español), Pongo (a raíña angolana do kuduro), Albany (sad trap de España), Munic HB (barcelonés de orixe gambiano, nova promesa do trap en España), Oddliquor (madrileño con sons que van desde o R&B á electrónica, pasando por dancehall e o trap), Beauty Pikete (novo talento da canteira local, que xa conta con colaboracións con artistas como C.Tangana). Completan a oferta musical sesións de DJ e showcases de colectivos: Sote e SayaAnita B Queen, as viguesas Antípoda e J.CurtoClara!, Antídoto, Neo2000KLUB, Polenta, POL4KA e VerusK.

A festa continúa

Cando soen as últimas notas na praia de Samil a noite non terá máis que comezado. A festa continúa no centro da cidade, onde varios locais ofrecen unha programación especial durante o festival. Molotov abre de xoves a domingo desde as 00:30 cunha selección interesante de DJ, algúns deles artistas que tamén actúan en O Mairsquiño. Podes mercar un bono para os catro días ou entrada individual diaria para esta edición especial do Overdose Club.

Doppler tamén ten unha boa festa preparada de xoves a domingo con entrada gratuíta a primeira e última xornada. As entradas están dispoñibles premendo aquí. Por último, Mondo Club eríxese como a discoteca coa afterparty oficial do festival. De xoves a domingo coa presenza de BFlecha, Vickilicious, Drea, Mwëslee ou Royce Rolo. As entradas anticipadas están a 15€.

BFlecha

Horarios dos concertos de Samil

REVISTA MAIO

Venres, 11 de agosto

  • 21:00: SOTE
  • 21:55: MUNICH HB
  • 23:00: STICKY MA
  • 00:05: ANTÍPODA: ROYCE ROLO B2B ELECESAR
  • 01:00: ANITA B QUEEN

Sábado, 12 de agosto

  • 21:00: J. CURTO,
  • 21:55: ODD LIQUOR
  • 23:10: ALBANY
  • 23:55: CLARA!
  • 00:55: ANTÍDOTO

Domingo, 13 de agosto

  • 21:00: SAYA
  • 21:55: BEAUTY PIKETE
  • 23:10: PONGO
  • 00:15: NEO2000KLUB
  • 01:00: POLENTA – POL4KA & VERUSK
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.