CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

A ruta do furancheo en Bembrive

Os furanchos de San Blas xa locen o cartel de aberto. Para todos aqueles que non podedes agardar máis e queredes comezar a catalos temos a ferramenta perfecta. Descarga o mapa de A Movida no móbil, afina a voz e prepara a cunca… San Blas é teu.

CAMELIAS NADAL

Ollo ao dato:
Se o que queres é comer un bo cocido ‘A Rianxeira’ (2) traballa baixo encargo e sempre ten as mesas a petar. Se buscas variedade, ‘A Blasa’ (1) acostuma a ofrecer varias opcións de tapeo, ao igual que ‘O Buraquiño’ (22), (se continúa na mesma liña pese ter mudado de propietarios). O son da gaita e o pandeiro están asegurado en ‘O Castelo’ (9). O ‘Colonias do Mosteiro’ (13) ten a particularidade de ser organizado polos pais dos nenos do Colexio Mosteiro para custear as excursións dos cativos. A festa está asegurado no ‘Endulza tu vida’ (23) que ten unha axitada axenda de concertos nos que combina música tradicional, batucada e incuso rock. E para rematar a noite, a xuventude congregase no ‘Furanchiño do medio’ (6), que malia ter cambiado de emprazamento seguirá na súa liña, pinchando temazos do pop-rock de tódolos tempos.

Pasada a romaría de San Amaro que se celebra na parroquia viguesa de Matamá, comeza a conta atrás para San Blas. A parroquia de Bembrive prepárase para acoller a súa festa máis multitudinaria. O día 3 de febreiro, que nesta ocasión cae en sábado, o son da gaita e o cocido serán os protagonistas desta celebración. Pero, como xa vén sendo tradición de anos anteriores, a maioría dos furanchos xa abriron e os máis impacientes xa comezaron a catar o viño. O primeiro en abrir foi o furancho Endulza tu vida o propio día de reis e pouco a pouco se lle foron unindo outros.

En total hai habilitados un total de 26 furanchos , nos que ademais de beber viño e degustar pratos típicos da época como os callos, a zorza ou o morro se poderá cantar e bailar ao son dos grupos de música tradicional que se pasan a tocar.

(GMT+01:00) Bembrive