VIALIA
PLAYDOC

Decálogo para ir a Bembrive por San Brais

A festa de San Brais, declarada de interese turístico, ten gañado gran recoñecemento nos últimos anos e cada vez son máis as persoas que se achegan ata Bembrive atraídos pola curiosidade. Se é a túa primeira vez, aquí van uns cantos consellos para que goces da festa como un auténtico romero!

@amovidavigo

Este sábado 3 de febreiro é o día grande da festa de San Brais, así que fomos ata Bembrive a coñecer esta romaría de primeira man! En amovida.gal deixámosvos un decálogo para todos aqueles que ides ir por primeira vez (e para os que repetides, tamén!)

♬ sonido original – Amovida

Cando ir:
O día grande da festa é o 3 de febreiro, pero os furanchos comezan a abrir xusto despois do Nadal. O día propio da festa sempre hai moito ambiente, pero por momentos pode chegar a ser abafante. Se queremos fuxir das multitudes, é preferible ir nas fins de semana anteriores ou nos días previos ao San Brais.

Como chegar:
Bembrive linda coas parroquias de Sárdoma, Beade e o concello de Mos. A forma máis fácil de chegar á festa é en coche a través da Avenida de Madrid. O día 3 o tráfico polo centro de Bembrive está limitado polo que hai que deixar o coche nos arredores; este ano a comisión de festas habilitou un aparcadoiro que está indicado no mapa de abaixo. Tamén se pode chegar en bus, as liñas 6, 27 e 14 pasan por Bembrive, pero hai que ter en conta que Vitrasa continúa en folga con servizos mínimos. Outra opción, sa máis cómoda e segura, é pedir un taxi (986 47 47 00); durante os días de festa habilítase unha parada diante do colexio Mosteiro.

Que preciso?
O máis importante son as ganas de pasalo ben. Se sabemos tocar algún instrumento hai que levalo, que sempre xurde a oportunidade de entoar unhas notas. Tamén é recomendable levar algo de abrigo porque ao caer a noite as temperaturas baixan e é habitual pasar tempo na rúa; entre furancho e furancho.

Que son os furanchos?
Moitos veciños de Bembrive reconverten o baixo da casa ou os galpóns nunha especie de tascas nas que se serve comida e bebida. Os máis enxebres teñen o chan de terra. Este ano, hai 23 furanchos repartidos por toda a parroquia. A maioría están abertos de 19:00 a 1:00 de luns a xoves, de 11:00 a 4:30 venres e sábados e ata a 1:00 os domingos.

O viño.
Os furanchos naceron en Galicia para dar saída aos excedentes de viño, polo que esta é a bebida estrela en San Brais.

O cocido.
A comida típica de San Brais é o cocido. Moitos romeros acuden fieis a cita ano tras ano en grandes grupos que reservan o espazo con moita antelación e en toda casa da contorna hai comilonas de peñas e grupos de amigos. Na actualidade a maioría de furanchos tamén ofrecen tapas típicas como tortilla, orella, cacheira, chourizo, croquetas ou zorza; non acostuma haber moita variedade pero están ben preparadas a uns prezos moi alcanzables.

A música.
Un dos ingredientes principais desta festa é a música tradicional, que pode xurdir de forma espontánea en calquera furancho. Se sabemos tocar algún instrumento é recomendable levalo, que seguro nos animamos a tocar unhas pezas. En caso de non saber, sempre podemos acompañar cunhas cunchas, culleres ou palmas.

Os concertos.
Ademais da música improvisada a comisión de festas contrata a varios grupos tradicionais para amenizar a festa. A actuación estelar é a de Pelepau, un grupo que naceu á calor dos propios furanchos e que hoxe ten gran recoñecemento en toda Galicia. Aínda que nos últimos tempos nalgúns furanchos escóitase música de todo tipo, se queremos salvagardar a singularidade desta festa, debemos optar polo folclore.

REVISTA MAIO

Que se celebra?
Esta romería con 300 anos de historia celebra a San Brais. O día 3 os fies acuden a misa solemne na que se bendí un aceite que logo untaremos pola gorxa baixo a oración “San Brais bendito, cúrame a gorxa e mais o apetito”

A igrexa románica.
Sexamos máis ou menos relixiosos, é notorio saber que en Bembrive eríxese unha das tres igrexas románicas que perduran en Vigo, unha boa ocasión para visitar este templo do século XII; aínda que só sexa desde fóra.

A irmandade.
O máis probable é que acabemos compartindo mesa, música e bailes con descoñecidos e iso é o verdadeiramente bonito da festa. Así que deixemos atrás prexuízos e a celebrar!