CAMELIAS MASCOTAS

Revive os tempos do Imperio na vila romana de Toralla

Este xoves 19 acudimos á representación que tivo lugar nos restos da antiga vila romana de Toralla, na finca Mirambel, unha visita didáctica pero tamén moi entretida na que se nos explica o funcionamento da sociedade romana nos séculos IV e V. Ademais desta representación, tamén haberá o 26 de xullo e o 2, 11 e 23 de agosto, con dobre sesión ás 20:00 e 21:00. 

REVISTA NOVEMBRO

Eran ás 20:00 e, a pesar de non facer un día perfecto de praia, decenas de persoas facían cola para acceder á finca Mirambel, onde desde varios veráns veñen facendo representacións de como era a vida naquel lugar pero fai quince séculos.

Fomos recibidos con pétalos de flores, como ben merecía a ocasión, xa que era a voda da filla do dono da finca, un poderoso romano. Unha vez dentro, presenciamos diferentes escenas propias da sociedade romana, como os adestramentos de tácticas de combate polos soldados, a venda de escravos, danzas procedentes de oriente ou a propia cerimonia nupcial, todo isto explicado en directo por un especialista na materia.

Tras os rituais e costumes propios da voda e as danzas, chegou o momento máis emocionante da tarde-noite, que casualmente tamén era o entretemento favorito dos romanos: as batallas de gladiadores. A pelexa estivo perfectamente corografiada, con acrobacias, golpes, patadas e volteretas ao servizo do público. Un plan diferente para pasar un rato agradable nun lugar de gran beleza e, xa de paso, coñecer un pouco máis do noso pasado.

 

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.