REVISTA ABRIL

Representacións teatrais na vila de Toralla para coñecer o Vigo romano

REVISTA ABRIL

Os romanos volven conquistar a vila de Toralla. Hoxe, xoves 12 de xullo, arrancan as representacións na finca Mirambel que nos achegan a como era a vida no Vigo romano. As visitas terán lugar entre os meses de xullo e agosto.

Adestramento militar

Volven as reacreacións a vila romana de Toralla. Durante os meses de xullo e agosto terán lugar as visitas teatralizadas á finca Mirambel. Os visitantes acudirán a voda de Patricio e a súa muller e a través desta ceremonia achegaranse a diferentes escenas costumbristas do mundo romano. A primeira visita terá lugar hoxe xoves 12 de xullo ás 20:00 horas e repetirase ás 21:00 horas. Así mesmo ocorrerá os xoves 19 e 26 de xullo e o 2 e 23 de agosto. O sábado 11 de agosto, coincidindo coa Noite Branca, haberá representacións nun horario prolongado.

A actividade é de balde e é unha boa oportunidade para achegarnos a este período do noso pasado que tanta influencia ten no noso presente e coñecer os achados atopados nesta finca. O conxunto data dos séculos IV e V e consta da vivenda dos propietarios, a súa familia e os seus servintes e dunhas salinas das que obtiñan sal marina para comerciar.