Reincidentes, Desakato e Sofía Gabana actuarán no Armadiña Rock
A organización do Festival Armadiña Rock segue comunicando os concertos que terán lugar na vila de Combarro entre o 26 e o 28 de agosto de 2022. Reincidentes, Sofía Gabana, Rebeliom do Inframundo e Desakato son os cabezas dun cartel no que predomina o rock e o punk, pero que ten espazo para o rap e a música tradicional galega.
As citas estivais ultiman detalles e anuncian os grandesreclamos dos sus carteis. É o caso do festival organizado pola Asociación Cultural Deportiva e Medioambiental Armadiña que se celebrará na vila de Combarro entre o 26 e o 28 de agosto e que contará con artistas como Reicidentes, Sofía Gabana, Rebeliom do Inframundo ou Desakato para facer bailar á vila costeira.
A última confirmación do Armadiña é a banda de rock andaluz Reincidentes, en activo desde 1987 e amplamente recoñecida polo seu compromiso social que demostran en temas moi coñecidos como ‘Jartos de aguantar’, ‘Vicio’ ou ‘Terrorismo’. O rock tamén chegará a Combarro da man de Desakato, a banda asturiana referencia do punk rock que teloneu hai poucas semanas a Bad Religion en Santiago de Compostela. Co mesmo espíritu, punk e combativo actuarán Fondo Norte, unha banda pontevdresa con letras en galego que sacou o ano pasado o seu primeiro disco Todo segue mal!.
Sofía Gabanna, irmá de Nathy Peluso e cantante enmarcada no xénero rap tamén subirá ao escenario da Praza da Chousa. Gabanna é unha das revelacións do panorama musical actual, e o concerto que ofrecerá en Combarro enmárcase nun tour no que a cantante xirará por todo o Estado. O grupo de Ponteareas, Rebeliom do Inframundo, completa o menú rap, esta vez en galego. En clave máis tranquila, Sheila Patricia e MJ Pérez ofrecerán sendos recitais, ambas cantautoras galegas de estilo pop rock
Llegamos tarde dj set é un grupo de tres rapazas galegas que, mentres se conforman como banda de rock, comparten en formato dj o mellor da música urbana actual galega e internacional. Elas serán as encargadas de poñer o punto máis festivo ao evento combarrense.
Completan o cartel unha animada programación de tarde, que animará as rúas e prazas do pobo, como Louband Street Band, Pandereteiras de Ronsel, O cadelo lunático e La Quinkillada. Tamén haberá unha actividade para público familiar o “Consertasso da Horta” de Brais das Hortas.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024