CAMELIAS MASCOTAS

Que facer en Vigo esta fin de semana

Recompilamos 10 plans para esta fin de semana tan especial, repleta de celebracións e xuntanzas. Ao ser Noiteboa e Nadal, a gran maioría dos eventos concéntranse no venres 23, polo que teredes que decidir a cal de todos ides ir. Podedes ampliar a información de cada evento premendo no título. E, como sempre, na axenda de eventos de A Movida encontraredes moitos máis plans para estes días.

Cíes Market | P. Vázquez

FESTIVAL PEQUEÁRTIKO – Desde o xoves 22 na Sala Ártika – Desde 8€

A Sala Ártika programa novamente por estas datas nove días consecutivo do mellor teatro infantil e de títeres dentro do Festival Pequeártiko, que este ano celebra a súa oitava edición. As representacións terán lugar todos os días, agás o domingo 25, do 22 ao 31 de decembro. Esta fin de semana terán lugar as obras Olivia y las plumas, A vida tola e A illa da deslembranza. Merca aquí as túas entradas.

LUCES E LIBROS – Xoves 22 e venres 23 desde as 18:15 na Praza de Compostela – De balde

Os días 22 e 23 de decembro a Editorial Elvira organiza firmas de libros na súa caseta do mercado de Nadal da praza de Compostela de Vigo. Estarán Reka Refojos (xoves ás 19:00), Manuel Orío (20:00), Fernando Domonte (venres ás 18:15), Iago Losada e Alberto M. Soto (19:00), Xavier Magalhães (19:45) e Clara do Roxo (20:30).

MERCADO DE NADAL – Venres 23 desde as 17:00 en Simia – De balde

Simia Coworking acolle un mercado de Nadal organizado por Mercado Reciclado, onde mostrarán as creacións que nacen dalgúns artistas de diferentes disciplinas que conviven en Simia. Haberá dous talleres, un cerámico con FANGO e outro de moda con Felicetta Gualtieri. Ademais, tamén haberá unha sección de roupa de segunda man. Podedes probar comida vegana de Tasty Colors Vigo, mentres ameniza Dj Comino.

O APALPADOR – Venres 23 ás 18:30 e 19:45 nas prazas de Eduardo Fadrique e Berbés, respectivamente – De balde

O carboeiro máis destacado da tradición galega, coñecido como o Apalpador, está a piques de comezar o seu camiño anual. Baixará dos montes do Courel, lugar onde vive todo o ano, cara os pobos das cidades galegas. O venres 23 de decembro a Coordenodora da Figura do Apalpador en Vigo organiza unha tarde de actividades arredor desta figura da nosa tradición de Nadal. Primeiro no praza de Eduardo Fadrique ás 18:30 e despois na praza do Berbés ás 19:45.

ROMA MÚSICA – Venres 23 ás 19:00 en A Morada – 6€

Roma Música actuará en A Morada acompañada polos músicos Rober Carcos e Óscar Rodés. Soarán temas do seu disco Mujer Fuente, recén nominado a mellor disco autoeditado do ano nos premios Maketón de Los 40 Vigo.

ORQUESTRA VIGO 430: MÚSICA E VIDEOXOGOS – Venres 23 ás 20:00 no Auditorio Mar de Vigo – Desde 10€

A Orquestra Vigo 430 interpretará no Auditorio Mar de Vigo algunhas das bandas sonoras de videoxogos máis famosas das últimas décadas. A idea xurdiu da violinista e musicóloga viguesa Erea Carbajales, experta neste eido desde hai un lustro. Participará o youtuber León Picarón xogando en directo e interpretarán as melodías de Angry Birds, Tetris, Assassins Creed, Monkey Island, Mario Kart, Pokémon, Silent Hill, The Last of Us, Tekken, Minecraft, Sonic

CARLOS NÚÑEZ – Venres 23 ás 20:30 no Teatro Afundación – Desde 17€

O noso gaiteiro máis internacional, Carlos Núñez, regresa a casa por estas festas no seu, xa tradicional, concerto de Nadal. No concerto seguro soará o novo tema do gaiteiro vigués ‘Danzas das espadas’, que estreou este martes día 20 en todas as plataformas dixitais. Tema dedicado a estas danzas brancas das que Carlos se confesa gran afeccionado.

LUCÍA MARTÍNEZ CUARTETO – Venres 23 ás 21:00 en Vitruvia Café

Lucía Martínez Cuarteto é un proxecto liderado pola viguesa Lucía Martínez (batería, percusión e composición) xunto a João Brandao (saxo alto), Pedro Neves (piano) e Carl Minnemann (contrabaixo). O grupo participou en numerosos festivais nacionais e internacionais e posiciónase como unha proposta madura, avanzada e sólida, aberta non só aos escenarios de jazz senón tamén aos ámbitos da música contemporánea e as novas músicas.

CONCERTO GRUPOS EN LOITA – Venres 23 ás 21:15 en Molotov Club – De balde

REVISTA NOVEMBRO

A plataforma Grupos de Vigo en Loita organiza un concerto o venres 23 de decembro para protestar contra o que consideran “acoso a concertos por parte da Policía Local”. Para este concerto, Grupos en Loita contará con catro bandas viguesas, concretamente Lamprea Explosiva, Dientes, Gracias por Nada e os Super Pop-Jazz, que porán música cos seus diferentes estilos ás reivindicacións do colectivo. O concerto será totalmente de balde, e a apertura de portas será ás 20:30 para posteriormente dar comezo á música ás 21:15. 

HEROÍNAS – Venres 23 ás 22:00 na Sala Kominsky – 10€

Heroínas, o grupo vigués formado por Linda Lamarr e Coral Alonso (vocalistas), Indy Tumbita e Bea Taboada (guitarras), e como novas incorporacións Betty (baixo), Isa (batería) e Borja (teclados e trombón); Presentan o seu último álbum Hocus Pocus.