Porto café, almorzos e merendas sen complicacións
Quedas en Vigo esta Semana Santa? Temos o plan perfecto! Desfrutar dun almorzo de campionato en Porto Café.
Se os sábados pola noite están feitos para bailar, as tardes entre semana toca merendar. E máis agora que as horas de luz crecen, se ás poucas ganas de volver a casa despois da xornada laboral lle sumamos unha crecente oferta de propostas gastronómicas a mediatarde, o plan está feito.
A un paso de Praza América, pero resgardada do bulicio da encrucillada atopamos a terraza de Porto Café, unha cafetería tradicional que vai un paso máis aló na súa oferta de almorzos e merendas e que, dun tempo a esta parte, esfórzase por ofrecer unha carta de petiscos doces e salgados moi completa e atractiva.
O café, moído en Galicia, vertebra a carta (é un dos máis recomendados da cidade en internet), pero non é o único que paga a pena da proposta, tan concisa como atractiva e que está dispoñible para almorzo, brunch e merenda. Encontramos variedade de zumes e batidos de froitas e chocolates que que fan boa maridaxea súa oferta de torradas e doces.
Juan Casal, un dos donos do negocio, cóntanos que as máis demandadas son a de queixo crema, fresas, plátano e mel, así como a de crema de cacao e a nórdica “con salmón afumado e aguacate”. No apartado salgado, acaban de incluir unha torrada de hummus caseiro con aguacate e para os lambereteiros verán o ceo cos seus plumbcakes, un tipo de biscoito no que son especialistas, así como as variedades de tortitas e gofres. Os pratos levan inluído no prezo un café, infusión ou cacao.
O mellor deste lugar (ademais do café) é que é perfecto para que os que prefiren unha cervexa cun pincho, os larpeiros e os que saen con fame do traballo compartan mesa sen complicacións. Outro dos seus puntos fortes é a ampla terraza, perfecta para os días de primavera e que os cans son benvidos tanto na terraza como dentro do local.
Rúa Doutor González Sierra,4
986 04 26 96
Facebook: Portocafe
Instagram: @portocafevigo
Horario: L a V 8:00/21:00 S 9:00/14:00/ 17:30/21:00
Esta Semana Santa estarán abertos todos os días de 9:30 a 13:00 h.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024