CASAACUNHA

As merendas ‘human friendly’ de Yemayá chegan a A Laxe

Gloria Avelar e Marcelo Leva abren unha nova sucursal de Yemayá en A Laxe. A cafetería é coñecida pola súa carta con opcións saudables, tanto para veganos como para omnívoros, e o seu ambiente respectuoso e relaxado, filosofía que queren trasladar ao Centro Comercial do náutico.

Do bo facer e o idealismo de Gloria Avelar e Marcelo Leva naceu en 2020 unha das cafeterías con máis personalidade de Vigo, na que parar a tomar un café ou unha merenda convertense, de verdade, nunha experiencia de pracer e desconexión. Situada na rúa Cuba a parella ao mando conta que o seu “non é unha cafetería, é o noso proxecto de vida e coidámolo como tal” e exportan a súa filosofía de vida respetuosa coas persoas, o entorno e os animais ao seu negocio. Unha doctrina que resumen como ‘human friendly’.

Yemayá, que colle o nome da deusa do mar na relixión yoruba, é unha cafetería de ambiente cercano e decoración caseira na que veganos e omnívoros teñen as mesmas opcións na carta e ningún deles sente que está en territorio do outro. “Eu son vegana e Marcelo vexetariano e comer con amigos sempre era motivo de discusión ou de que algúns sentisen que cedían, por iso creamos esta carta totalmente flexible”, explica Avelar que conta que incluso hai clientes que seguen dietas estrictas a nivel deportivo ou médico e acoden a eles porque saben que poden engadir e retirar ingredientes a demanda ou pedir pratos que non están na carta con suficiente antelación. “O máis importante é a empatía”, resume a hostaleira. Para lograr esta capacidade de adaptación ao cliente todo o persoal está formado en coñecer as necesidades dun celíaco ou un vegano e os pratos prepáranse no momento con ingredientes frescos.

Banner A Movidiña

A carta é variada, lixeira e divertida. Con moitas opcións para comer saudable ou darnos un capricho. No apartado de comidas atopamos entrantes como o hummus e principais variados, como o sandwich vexetal (de verdade), a quesadilla de champiñóns, o wrap de polo con aguacate ou os bowls de tenreira, o oriental ou o de polo vegano. Tamén contan cunha carta de crepes, tanto doces como salgados.

Mención aparte merencen os seus almorzos e merendas, responsables de que as fines de semana sempre haxa alguén na porta esperando a coller mesa. As torradas Keka, con ovo, xamón e aguacate, foron bautizadas co nome dunha clienta habitual, que sempre pedía que llas preparasen así. Hoxe son unha das combinacións máis demandadas, xunto ás tortitas, o brownie con xeado e os gofres. O menú de brunch ou merenda custa 12,50€ e inclúe un prato doce, un salgado, zume de laranxa natural e bebida quente.

Logo de superar unha pandemia con éxito na Rúa Cuba, 2; a parella acaba de abrir un segundo emprazamento no Centro Comercial A Laxe, no que, a pesar da sensación aséptica que pode crear un centro comercial, prometen converterse en excepción e manter a súa esencia cercana e a súa cociña fresca e diaria. Ademais, conseguiron que a xerencia lles permitise entrar con animais no centro comercial, algo que ata agora esta prohibido e que demostra as ganas de cambiar as normas de Gloria e Marcelo.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.