CAMELIAS MASCOTAS

‘Perder a lingua’, de Eva Comesaña

A creadora viguesa Eva Comesaña estrea na Sala Ártika a obra Perder a lingua, un espectáculo onde dialogan entre si as linguaxes da danza, da iluminación, da música e da videocreación para ofrecer unha experiencia multidisciplinar completa para a audiencia. Esta montaxe —que estivo en residencia artística na Sala Rebullón de Mos e se presentou como proceso aberto no festival Labo XL de Donostia—, traza unha conexión entre corpo, linguaxe e paisaxe, e así establecer «unha relación máxica e poética en que a onda de son que xera unha ao falar semella o territorio que habita». Merca aquí as túas entradas.

Eva Comesaña | Labo XL, Cedida

Comesaña está acompañada en escena polo músico e intérprete Rubén Fernández e as visuais de Eva Antelo; deste xeito configúrase un dispositivo escénico de interacción en tempo real, que propón unha viaxe sensorial e conceptual a través das imaxes, da luz, do movemento e do son. Unha interesante proposta performativa para non perder na sala da avenida da Beiramar.

Data e hora: sábado 27 e domingo 28 ás 20:00 h
Lugar: Sala Ártika
Entradas: 10,00 €

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.