CAMELIAS MASCOTAS

Os sete pecados capitais, protagonistas no Concurso Fotográfico do Museo Liste

O VIII Concurso de Fotografía do Museo Liste xa está en marcha. Podemos presentar as nosas fotografías ata o 26 de abril de 2021, cuxa temática debe ser “Os sete pecados capitais”. O autor ou autora da imaxe gañadora levará un premio de 200€.

Fotograma de Seven, filme de David Fincher que xira a redor dos sete pecados capitais

Agora que as opcións están reducidas ao mínimo, quizais é un bo momento para coller a cámara e dar unha volta por Vigo. O tema que propoñe o Museo Etnográfico Liste para esta VIII Concurso de Fotografía é “Os sete pecados capitais”, unha idea abstracta pero poderosa que pode facer voar a nosa imaxinación.

REVISTA NOVEMBRO

A gula, a ira, a envexa, a luxuria, a preguiza, a soberbia, a cobiza son conceptos que a igrexa católica clasificou como capitais, fonte ou principio doutros pecados. Agora nós utilizarémolos como materia prima para as nosas imaxes. As persoas participantes deberán ser maiores de 18 anos, e as fotografías presentadas (cun máximo de tres) deberán ser tomadas ex professo para o concurso. É dicir, non vale coller aquela foto tan guai que sacaches en Roma de vacacións o ano pasado.

Establécense tres premios: un primeiro dotado con 200 euros en metálico e dous máis que recibirán unha figura conmemorativa. Así mesmo, as obras serán expostas durante un período de 30 días na sede da Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo. Os criterios seguidos polo xurado serán estéticos, técnicos e documentais. Premendo aquí podedes consultar as bases, onde detallan o proceso de envío, presentación e identificación das obras. Lembrade, tedes ata o 26 de abril para envialas.

A pasada edición do concurso xiraba ao redor dos faros de Vigo e a súa contorna.