CAMELIAS MASCOTAS

O Vigo SeaFest volve encher o Náutico de música, gastronomía e actividades mariñas

O festival Vigo SeaFest regresa á zona do Náutico do 11 ao 14 de xullo con catro xornadas repletas de actividades, gastronomía, música e outros espectáculos.

Vigo SeaFest | P. Vázquez

O Vigo SeaFest celebrará a súa quinta edición nos xardíns de Elduayen entre o 11 e o 14 de xullo. O festival ten como obxectivo principal promocionar o consumo de produtos pesqueiros nun ambiente festivo, aproveitando o evento para destacar a calidade e variedade dos produtos de ARVI (Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo). Ademais desa posta en valor, tamén se desenvolverán diferentes talleres e actividades durante os tres días e medio que durará o festival para resaltar a importancia socioeconómica do sector pesqueiro galego.

REVISTA NOVEMBRO

Un dos grandes atractivos do evento é o concurso de tapas Fish & Beer, onde participan numerosos locais da cidade. Se queres coñecer as deliciosas propostas dos chefs, preme aquí.

O apartado musical tamén é un dos pratos fortes do Vigo SeaFest, que conta cunha coidada programación musical que se move entre o rock e o soul. Os cabezas de cartel son The Limboos, banda galega radicada en Madrid; Gigi McFarlane, cantante e compositora londinense; e Los Saxos del Averno, sexteto de R&B protagonizado polo son deste instrumento de vento. Tamén subirán a segundo escenario artistas locais como Tangomango, Copos de Avena, La Chata Soul ou Pablo Novoa con Litus.

No tocante ás actividades, desde o xoves ata o domingo haberá showcookings, flashmobs, coloquios, monólogos, talleres de cociña infantil e obradoiros de marisqueo. Tampouco faltarán os deportes, como o paddle surf, o torneo de baloncesto 3×3 e os bautismos de mar. Máis información premendo aquí.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.