REVISTA ABRIL

Música, gastronomía e mar danse a man de novo no Vigo Seafest

Este xoves chega unha nova edición do Vigo Seafest, unha cita de referencia a nivel nacional en canto á gastronomía de produtos marítimos, que reafirma á nosa cidade como capital europea da pesca. O festival contará con 12 chefs galegos e numerosos concertos, entre outras moitas cousas.

Decenas de persoas gozando das tapas ao pé do mar na edición do pasado ano | Pablo V.

O Paseo das Avenidas, aínda que nun estado un pouco desmellorado, volverá a encherse de vida diúrna e nocturna do xoves 4 ao domingo 7 de xullo grazas a esta segunda edición do Vigo Seafest, un festival que xira entorno ao mar e aos seus produtos. Mais a cousa non só vai de gastronomía: ademais de tapas e showcookings, haberá concertos día e noite, obradoiros familiares, actividades deportivas, espectáculos escénicos, animación na rúa e exposicións.

Comezando pola comida, a gran protagonista do evento, haberá unha caseta para cada un dos establecementos participantes, cun total de 12. Estes son Terra ó mar, Dalalata, El Temporal, El Juliana, Trepia, 78 Gastrobar, Gravina, La Tula, Cerne, La Isla, Nikko e Mala Sangre. Cada un deberá realizar unha tapa cun tipo concreto de peixe ou produto do mar. Para coñecer máis información sobre cada prato, pincha aquí. Por outra banda, o catering correrá a cargo de Momo46 e Don Pepe, coa colaboración de Iglesias panadería, La crepe de la crepe, El salón, Bico de xeado, Frutas Nieves e Cafés do noso. Gadis, Pescanova, Pereira e Anfaco estarán presentes con cadanseus foodtrucks.

REVISTA ABRIL

No referente á música, haberá dous escenarios cargados de bandas, algunhas delas actuando en dúas sesións no mesmo día. No Escenario 1906 poderemos ver a The Secret Investments e DJ Fernando Collazo o xoves; Le Suite Band, DJ Ino e Antonio Lizana o venres; The Swinging Flamingos, DJ Panko, Clarence Bekker Band o sábado; e Black Stereo, Aurora & The Betrayers (que repite por segundo ano consecutivo) e Thomas Living & Bruno Soares Sax o domingo.

No Escenario del Mar teremos a The Happiness Freqüency o xoves; Dj Fernando Peronni, DOUS, Dj Miguel Sio & Cheky e Rodri Vegas & Dani Villa & Cheky o venres; Dj Gugy, Dj Chimo e Dj Micky & Ninico El Negro o sábado; e Thomas Living, Cronicas Pop, Dj Jorge Vazquez e Dj Charlie & Bruno Soares Sax o domingo.

Por último, atoparás outras moitas actividades como poden ser deportes acuáticos (vela, kaiak e waterpolo), obradoiros familiares (flashmob, gyncana, cancións mariñeiras, talleres de cociña e reciclaxe, charlas sobre ciencia, ecosistemas e pesca), visitas ao porto marítimo, aos asteleiros, á lonxa e a un buque de salvamento marítimo e, ademais, animación de rúa.

(GMT+01:00) Paseo das Avenidas