CAMELIAS MASCOTAS

O Vigo máis solidario

O Nadal é unha época de contrastes, onde o consumismo exacerbado se mestura cos bos desexos e o tempo en familia. A proximidade destas datas tan sinaladas tamén trae consigo cousas boas, como o aumento de iniciativas de carácter solidario. Campañas e eventos para todos os petos co fin de axudar a quen máis o necesita.

Responsables da Fundación Provincial Banco Alimentos imparten unha charla formativa ao voluntariado participante na Gran Recollida 2021 | Cedida

Do 10/11 ao 23/12 CADA NIÑO UN JUGUETE

“Cada niño un juguete” é unha iniciativa local que ten como obxectivo a recollida solidaria de xoguetes. O CC Gran Vía de Vigo será o único punto de recollida físico de xoguetes na cidade ademais do seu almacén central que se atopa no arrabalde e outros puntos situados nos arredores.

Desde o 19/11 | GRAN RECOLLIDA BANCO DE ALIMENTOS

Tras o parón obrigado de 2020 pola pandemia, o Banco de Alimentos recupera unha das súas tradicións máis entrañables: contar cun rostro coñecido vinculado a Vigo para abandeirar a campaña solidaria máis importante. Neste caso é o actor Pedro Alonso, famoso polo seu papel de Berlín en La Casa de Papel, posiblemente a serie española máis exitosa da historia.

19/11 CEA SOLIDARIA CON CONCERTO DE CARLOS NÚÑEZ (Hotel Los Galeones)

O gaiteiro vigués Carlos Núñez realizará unha actuación na 10ª cea solidaria que se celebra no Hotel Tryp Los Galeones en favor da Asociación Freijeiro de Ayuda al Necesitado, ONG AFAN. O prezo do prato é de 48 euros por persoa, con reserva previa en cenasolidaria@gmail.com.

Do 20/11 ao 28/11 | IX CARREIRA SOLIDARIA POLA ESCLEROSE MÚLTICPLE (Virtual)

Esta carreira online podes facela onde queiras e cando queiras entre os días 20 e 28 de novembro. Existen diferentes modalidades: andaina 5K e 10K, carreira 5K e 10K, dorsal 0, vehículo adaptado e bicicleta. Inscríbete aquí.

20/11 FESTIVAL DE ARTE SOLIDARIO (Auditorio Martín Códax)

Evento presentado por Lolo Portela no que participarán Os Coribantes de Buchabade, Manoele de Felisa, Javier Rodríguez, República Latina, Os Piñeiriños, Escuela de Baile Bambalina e Anna Cano. A recadación irá destinada á ONG Abriendo Caminos.

27/11 X CARREIRA SOLIDARIA NOCTURNA DE BEMBRIVE (Entidade Menor de Bembrive)

O Memorial Manuel Dalmeida conta con diferentes categorías: infantil, júnior, sénior e veteranos, segundo o rango de idade. Saída e meta serán diante da Entidade Menor de Bembrive. Inscricións aquí.

22/12 CONCERTO ENTRECULTURAS (La Fábrica de Chocolate)

Carla Lourdes, Lau, Tinta, Guzmán e Lina Singing participarán de forma desinteresada neste concerto benéfico, cuxa recaudación irá destinada ao proxecto da ONG na Amazonía.

Ata o 27/11 | THIS IS POP (Sede Afundación)

REVISTA NOVEMBRO

A través dun percorrido multidisciplinar pola produción da cultura pop poderanse ver pezas e obxectos presentes en obras emblemáticas deste movemento asinadas por Warhol, Lichtenstein, Damien Hirst, Murakami, Jeff Koons ou Okuda, entre outros. A sala dispón dun contenedor para depositar alimentos non perecedoiros que irán destinados ao Banco de Alimentos.

ELFOS Y CALCETINES

Elfos y Calcetines é unha ONG que xorde en 2012 coa pretensión de conseguir que menores en risco de exclusión social poidan gozar dun agasallo de Nadal. A campaña 2021 mantén a esencia de sempre: te resitras na web elfosycalcetines.org, recibes unha carta e te encargas de cumprir o desexo do teu Calcetín. Podes ser un Elfo Clásico, entregando físicamente o agasallo nun Punto Elfo, ou un Elfo Online, realizando un ingreso na conta da entidade para que merquen o agasallo por ti.