BannerCulturgal

Pedro Alonso, de ‘La Casa de Papel’, súmase á gran recollida do Banco de Alimentos

O actor vigués Pedro Alonso, célebre polo seu papel como Berlín en La Casa de Papel, recibiu este martes o peto de voluntario que lle acredita como novo embaixador, durante un acto público celebrado no almacén de Lavadores.

Banner A Movidiña
Pedro Alonso nun fotograma de La casa de papel

Tras o parón obrigado de 2020 pola pandemia, o Banco de Alimentos recupera unha das súas tradicións máis entrañables: contar cun rostro coñecido vinculado a Vigo para abandeirar a campaña solidaria máis importante. Alonso comprometeuse de inmediato con este labor e, se a Covid19 non aparecese no noso camiño, sería xa padriño o ano pasado. Co chaleco de padriño xa posto e relevando no cargo á xornalista María Rey, Alonso animou á cidadanía para doar comida para as persoas con dificultades. “Axudar na Gran Recollida é unha marabillosa maneira de que nos sosteñamos os uns aos outros” e agregou que ser padriño é “unha toma de terra” á realidade máis próxima, “a que realmente vale a pena”.

Pola súa banda, o presidente do Banco de Alimentos, Iván Martínez, destacou a empatía e xenerosidade de Alonso quen, a pesar de estar nomáis alto de popularidade na actualidade polo seu traballo na serie La Casa de Papel de Atresmedia e Netflix, non esquece as súas orixes e é capaz de poñerse na pel das persoas máis vulnerables. “Estamos agradecidísimos de que na súa axenda tan apertada fixese un oco e nos estea a apoiar desta maneira”, sinalou Martínez.

Actor, pintor e escritor. Alonso é un artista polifacético que comezou a súa andaina profesional no cinema coa película Alma gitana (1996) e tras abordar numerosos papeis e xéneros, interpretou Padre Casares (2008- 2015), serie de enorme éxito na Televisión de Galicia. Os seus traballos en Hospital Real (2015) ou Gran Hotel de Antena 3 (2011-2013), así como en longametraxes como A praia dos afogados (2015) ou El Silencio del Pantano (2019) achegáronlle unha importante popularidade. Alonso súmase desde hoxe á lista de padriños e madriñas da Gran Recollida: María Rey (2019), David Amor (2018), Carlota Corredera (2017), Gonzo (2016), María Castro (2015), Luís Tosar (2014) e Borja Oubiña (2013).

X