VIALIA
bannerPicnicSesions

O Vigo máis solidario antes do Nadal

O Nadal é unha época propicia para os eventos e campañas de carácter solidario, en especial os que buscan levar alimentos e xoguetes aos sectores máis desfavorecidos da sociedade. Recompilamos algunhas destas iniciativas.

BANCO DE ALIMENTOS – 25 e 26 de novmebro

O Banco de Alimentos de Vigo movilizará a uns 2000 voluntarios os días 25 e 26 de novembro en 130 establecementos da cidade para a súa tradicional Gran Recollida de alimentos. A madriña nesta edición é a xornalista e presentadora Alba Lago, que colle o relevo do actor Pedro Alonso.

ELFOS Y CALCETINES

A Asociación Elfos y Calcetines leva desde o 2012 buscando que ningunha persoa en risco de exclusión social quede sen agasallo de Nadal. As persoas que queiran participar como elfos deberán inscribirse na web da asociación e recibirán unha carta do receptor do regalo, informándolle dos seus gustos e afeccións. Os agasallos terán un prezo fixo de 35 euros. Unha vez estean todos os agasallos no almacén, entregaranse ás correspondente asociacións para a súa repartición.

CADA NENO UN XOGUETE

A Asociación Stop tamén pretende o obxectivo de non deixar sen agasallos ás crianzas en situacións socieconómica desfavorables. Ademais de xoguetes tamén aceptan doazóns de material escolar, libros de texto, aparellos electrónicos… sempre que estean en bo estado e debidamente hixienizados. O período de entrega dura ata o 4 de xaneiro e hai numerosos puntos de recollida que podes consultar aquí.

CONCERTO CON FUSIÓN – 20 de novembro ás 18:00 no Teatro Afundación

Polo Día da Infancia o Teatro Afundación acolle o concerto de Con Fusión, unha produción que fusiona música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. O acto enmárcase no programa Cultura Por Alimentos, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).

5º FESTIVAL DE ARTE SOLIDARIO – 20 novembro ás 17:00 no Auditorio Martín Códax

REVISTA ABRIL

Festival de música e danza organizado a favor da ONG Abriendo Caminos. O evento estará conducido por Lolo Portela e contará coas actuacións de Os Coribantes de Buchabade, Manoele de Felisa, Javier Rodríguez, República Latina, Os Piñeiriños, Escola de Baile Bambalina e Anna Cano. O donativo é de 5 euros.

DICOTECA PARA TODA A FAMILIA – 26 novembro ás 18:00 na Sala Rouge

Festa solidaria para toda a familia onde os beneficios serán destinados á ONG Menoria, que realiza accións de cooperación en Etiopía. Haberá comida, baile, sorteos… O donativo é de 5 euros, con dereito a merenda e consumición.