CAMELIAS MASCOTAS

O trazo vigués que lle pon cara á realidade de Cuba

A artista viguesa, Elena Alonso, expón a súa obra sobre a realidade de Cuba, tomando como protagonistas ás e aos cidadáns cubanos que viven na diáspora de Berlín e na propia illa. A exposición que pasou polo Centro Provincial das Artes Plásticas e do Diseño (Santiago de Cuba) na actualidade pode visitarse no espazo de arte Rosalux de Berlín.

Exposición de Ay, mija, no es fácil

Ay, mija, ¡no es fácil! é o nome que recibe a exposición da artista viguesa Elena Alonso. Trátase dun proxecto de pintura participativa que retrata a transformación de Cuba desde os anos 90. Desta vez, a historia a escriben as e os protagonistas do cotiá cubano, que expoñen as súas preocupacións e a súa propia mirada da realidade grazas aos trazos de Alonso.

Desde a caída da Unión Soviética, nos anos 90, a República de Cuba experimentou unha importante transformación, que trouxo consigo un cambio no paradigma social. Segundo explica Elena Alonso, esta situación modificou o contexto político, económico e social da illa caribeña, contradicindo, coas desigualdades, o obxectivo socialista fundamental.

Público asistente a exposición da artista viguesa Elena Alonso

Para tomar o pulso a esta situación desde o íntimo, Alonso recolle testimonios autobiográficos dos participantes, que acudiron ao proxecto, Ay, mija, ¡no es fácil!, mediante unha chamada nas Redes Sociais,  como base para unha serie de pinturas máis unha peza audiovisual. A exposición estrouse en Santiago de Cuba no ano 2018 e, no tempo que estivo aberta ao público, as e os visitantes participaron nun diálogo coa autora, que máis tarde engadiría estas conversas á obra. A versión final deste traballo mostrouse por primeira vez na capital, en A Habana.

REVISTA NOVEMBRO

Alonso aclara que a súa intención foi ir máis aló da historia oficial para centrarse, así, na experiencia da propia poboación. As pinturas pasan, deste xeito, a crear un espazo no que as e os cubanos comparten a súa propia narrativa, a do cotiá.

Havana Stars , unha das obras da exposición Ay, mija, ¡es difícil!

A artista viguesa Elena Alonso propón con esta obra de arte o rexeitamento da idea dunha identidade homoxénea e coloca nun espazo protagonista ás distintas voces que forman unha realidade, aceptando, ao mesmo tempo, as contradicións que puidesen existir.

Na actualidade a exposición atópase na cidade de Berlín, no Rosalux, ata o 11 de maio.

The following two tabs change content below.

Eva M. Porto

Dende que a súa nai e o seu pai lle regalaron o libro dos por ques, decidiu que sería a nena que buscaría sempre os porqués. Estudou o Grao en estudos do galego e do español na Universidade de Vigo e no 2016 comezou o Grao de Periodismo na Universidade Europea Miguel de Cervantes. Aprendou o “oficio máis bonito do mundo” en Radio Vigo, Diario de Pontevedra e Onda Cero Ourense. Protestando dende 1993.