CAMELIAS MASCOTAS

O Marisquiño seguirá en Vigo e terá lugar do 9 ao 11 de agosto

A organización confirmou este xoves que o evento deportivo terá lugar os días 9, 10 e 11 de agosto no mesmo lugar que ata agora, no Paseo das Avenidas. Ademais contará con tres disciplinas que puntuarán para a Copa do Mundo, como son o skate, o dirt jump e o basket 3×3.

REVISTA NOVEMBRO
Unha nena co seu pai na anterior edición de O Marisquiño | Pablo V.

Un dos culebróns desde o pasado verán queda por fin resolto. O Marisquiño, un dos eventos de deporte urbano máis importantes de Europa, vai continuar na nosa cidade neste 2019. Ademais, xa coñecemos as datas e localización: 9, 10 e 11 de agosto no Paseo das Avenidas, como ata agora.

A organización sacou un comunicado desvelando o misterio. Aínda que todavía quedan moitas incógnitas por resolver, si que hai algunhas cousas seguras: o festival volverá a contar con tres disciplinas que puntuarán nas Copas do Mundo (skate, dirt jump e basket 3×3) e que as cinco institucións públicas (Concello, Deputación, Xunta, Autoridade Portuaria y Consorcio da Zona Franca) colaborarán para sacar adiante esta nova edición, que será a número 19. Ademais, en canto ás empresas privadas, seguirán colaborando Super Bock, Red Bull e Nissan.

Despois de moitos meses de rumores e disputas, incluso coa dimisión de Pity Domínguez da dirección, por fin danse a coñecer boas novas relativas a un dos principais eventos de ocio da nosa cidade.