REVISTA ABRIL

Navieira Mar de Ons seguirá ofrecendo viaxes a Cíes e Ons con visita guiada

A Navieira Mar de Ons seguirá realizando viaxes ás Illas Cíes e Ons a partir de mañá mércores 16 de setembro, con visita guiada incluída en español e en inglés para os estranxeiros. Desde a navieira aseguran que se trata dunha oportunidade fantástica para coñecer o Parque Nacional das Illas Atlánticas da man de guías acreditados.

Estas visitas guiadas desenvolveranse todos os días ata o 4 de outubro, se o tempo o permite e existe demanda. Despois a navieira, como todos os anos, non descarta seguir ofrecendo este servizo todas as fins de semana de outubro, incluíndo o luns día 12 (festividade do Pilar), e mantelo durante todos os sábados do ano.

O pasado martes 15 rematou oficialmente a tempada alta, segundo o Plan Rector de Uso y Gestión (PRUG) do Parque Nacional, polo que a capacidade máxima das visitas vese reducida a 450 persoas, que accederán en grupos organizados baixo o acompañamento dun guía acreditado por día e illa.

Os horarios que estableceu a navieira para estas saídas guiadas son:

Illas Cíes

• Cangas-Cíes: 10:15 – 12:00 – 15:00
• Cíes-Cangas: 14:15 – 19:00
• Vigo-Cíes: 10:45 – 12:30 – 15:30
• Cíes-Vigo: 14:15 – 19:00

As tarifas para estas viaxes a Cíes son de 17,50 euros para adultos e 5 euros para os nenos con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. Os menores de 5 anos viaxan gratis.

REVISTA ABRIL


Illa de Ons

• Bueu-Ons: 10:45
• Ons-Bueu: 18:30
• Sanxenxo-Ons: 10:45
• Ons-Sanxenxo: 18:00
• Portonovo-Ons: 11:00
• Ons-Portonovo: 18:00

As tarifas para estas viaxes á Illa de Ons son de 14 euros para adultos e 5 euros para os nenos con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. Os menores de 5 anos viaxan gratis.