CAMELIAS MASCOTAS

O grupo Loiros presenta este venres o seu novo traballo na Kominsky

Vigo continúa a ser unha factoría de talentos musicais. Neste caso falamos de Loiros, unha banda nada en 2016 con acento internacional, xa que está formada por dous galegos, un francés e un alemán. O seu son é unha mestura única de xéneros e influencias, e este venres 11 presentarán o seu novo traballo na sala Kominsky, unha boa oportunidade para gozar dun grupo diferente, honesto e arriscado. Falamos con Héctor Agulla, batería de Loiros.

Loiros durante un concerto en Aturuxo, Bueu | Faneca Brava

Como definiriades o son de Loiros?

Sempre é difícil situarse na posición de ouvinte cando se trata de definir a túa propia música, pero eu concíboa como unha música orgánica, viva, narrativa e paisaxística, que invita á viaxe. Tamén creo que é orixinal desde o momento en que, quen fai a música, faina desde a honestidade, e polo tanto, non pode escapar de expresar a súa unicidade como ser humano.

Como xorde unha agrupación tan internacional?

Wilfried naceu en Francia, pero leva uns anos vivindo en Galiza e coñecémolo da escena do jazz. A Felix coñeceuno Virxilio en Ámsterdam, estudando no conservatorio. Cando nos plantexamos facer de Loiros unha banda, foron as persoas coas que máis ganas tiñamos de tocar, por como entenden a música, por como tocan e porque son moi majos.

A maioría de vós sodes habituais nas jams de La Casa de Arriba. Queda algo desas improvisacións en Loiros?

Definitivamente, creo que si. Non nos emociona a etiqueta jazz, pero si é certo que un hai efoque jazzy na maneira na que interpretamos as cancións,ou nos espazos que lle deixamos á improvisación. Isto vén de que os catro estamos moi en contacto con esta música desde hai anos e, quizais non tanto como antes, pero seguimos escoitando e tocando esta música.

Onde podemos atopar o voso novo disco? Pódese escoitar na rede?

A nosa música onde mellor sona é en formato vinilo. Gravámola e masterizámola pensando neste formato e a verdade é que estamos realmente contentos co resultado. Poderedes atopar o vinilo (que inclúe CD) nas principales tendas de vinilos de Galiza. Aínda así, sabedores de como vai este mundo tolo, o mércores 9 de Outubro estará o disco íntegro no noso Bandcamp.

Que podemos esperar do concerto do venres?

Un montón de merchandising! Bueno, estaremos ultra cansos, porque cada vez que nos xuntamos, que non é moi a miúdo, temos mil movidas que facer. Pero a verdade, creo que é un estado que axuda a que xurda esa especie de trance común tan intenso no que nos metemos nos concertos. 

Coñecedes algunha banda no panorama galego que se semelle ao voso estilo?

Hai bandas coas que se nos pode emparentar estilísticamente, si. Flípannos Holywater, que tamén son moi 90´s. Temos en común o rollo progresivo con Cró!, cos que tamén flipamos e son os nosos irmáns na Metamovida. Pero escoitando Loiros, teño sensacións moi parecidas que cando escoito bandas que en principio poden parecer menos afíns a nós, como Caldo ou Trilitrate.

Que outras bandas locais vos chaman a atención?

REVISTA NOVEMBRO

Bliusvai parécenme absolutamente incriveis. O proxecto en solitario de Margarida Mariño arrasa. Xan Campos Trío vai sacar un disco huuuuuge. Son do Mar, o mesmo. Hai bandas que están comezando que molan moito: Ex Hedera, Ollo, Lóstrego!

Que plans tedes a curto plazo?

En outubro temos máis datas en Galiza e Portugal. O ano que ven temos cousas fora, pero non está confirmado 100%. E imos seguir compoñendo e tocando temas novos. Estamos moi a gusto con este proxecto, temos enerxía para rato.

(GMT+01:00) Sala Kominsky

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.