CAMELIAS MASCOTAS

O festival SonRías Baixas celebra 20 anos de eclecticismo musical

O festival SonRías Baixas desvelou a distribución por días dos artistas que participarán na súa 20ª edición, que se celebrará durante as xornadas do 3, 4 e 5 de agosto en Bueu. Natos y Waor, La Pegatina e Macaco encabezan un evento marcado polo eclecticismo da súa proposta. Podes mercar aquí as túas entradas.

Boikot

Natos e Waor, La Pegatina e Macaco encabezan a 20ª edición do SonRías Baixas, que se celebra os días 3, 4 e 5 de agosto en Bueu. O festival aposta de novo por unha proposta musical ecléctica, na que teñen cabida xéneros tan variados como o rock, os sons urbanos, a electrónica, a rumba ou o ska e que completan máis de vinte artistas. Aos xa citados súmanse Arde Bogotá, Boikot, Cool Nenas, Dubioza Kolektiv, ETS, Grande Amore, La Ganga Calé, LaMontagne & PicoAmperio, Lendakaris Muertos, Lia Kali, María de Juan, Muyayo Rif, Ninhodelosrecaos, Queralt Lahoz, Samuraï, Santa Salut, Tremenda Jauría e 30S40S50S.

Ademais, dúas últimas confirmacións protagonizadas por artistas galegos – Ortiga e Pili Pampín e Lamatumbá – poñen o broche final a este cartel para conmemorar o seu vixésimo aniversario e no que, como xa é habitual, combínanse artistas consagrados con décadas de traxectoria ás súas costas con talento emerxente a seguir.

REVISTA NOVEMBRO
Arde Bogotá

A venda de abonos segue dispoñible desde a web do festival. No proceso de compra está incluída a opción de sumar a zona de acampada, gratuíta, e situada a escasos 150 metros da praia e do propio festival, e que este ano como novidade estará aberta desde o mércores día 2, a xornada previa a que a música comece a soar en Bueu. As entradas de día non inclúen acampada.

Laura LaMontagne e PicoAmperio | P. Vázquez

A distribución final por días de SonRías Baixas é a seguinte:

Xoves 3 de agosto
Boikot, Samuraï, Lendakaris Muertos, Santa Salut, 30s40s50s, ETS

Venres 4 de agosto
Natos y Waor, Queralt Lahoz, Muyayo Rif, Tremenda Jauría, Lia Kali, La Ganga Calé, Cool Nenas

Sábado 5 de agosto
La Pegatina, Macaco, Dubioza Kolektiv, Arde Bogotá, Ortiga e Pili Pampín, LaMontagne & PicoAmperio, Grande Amore, Lamatumbá, María de Juan, ninhodelosrecaos