VIALIA
PLAYDOC

O cinema freak tamén é cousa de nenos no Galician Freaky Film Festival

O Galician Freaky Film Festival celebra o 23 de setembro a terceira edición do Pequefreak, unha xornada dirixida a público infantil. Este ano contarán coa proxección de Mi vecino Totoro e obradoiros de cómic e efectos especiais. As entradas están xa á venda na web do festival.

O sábado 23 de setembro os pequenos da cidade teñen unha cita co cinema freak e fantástico na terceira edición do Pequefreak, a xornada de cultura freak infantil do GFFF. Boo!, a mascota do festival, estará desde primeira hora na porta do Auditorio do Concello dando á benvida aos nenos de entre 3 e 14 anos que se acheguen a desfrutar de proxeccións e obradoiros pensados para inculcar neles a paixón polo sétimo arte. 

Proxeccións

A proxección de Mi vecino Totoro é un dos pratos fortes do programa. O filme de Hayao Miyazaki, referente da cultura xaponesa a nivel mundial, mergúllanos nunha abraiante aventura chea de tenrura, fantasía e amor pola natureza sen importar a idade do espectador. Totoro leva encandilando a varias xeracións desde 1988 e o Pequefreak brindará a oportunidade de que desfruten xuntas desta xoia audiovisual, en pantalla grande e versión orixinal.

A sección oficial deste ano conta con 7 curtametraxes chegadas de países como Francia, Chequia ou Reino Unido, na que non faltarán familias, animais e monstros vivindo aventuras disparatadas en escenarios distópicos. Como cada ano, o público votará cos seus aplausos á súa curtametraxe favorita, que recibirá o galardón ‘Olimpo dos Pequefreaks’.

Obradoiros

O Pequefreak contará con dous obradoiros que permitirán á cativada experimentar e tomar contacto con algúns dos procesos creativos involucrados na creación dun filme. A escola viguesa de banda deseñada Kame impartirá un taller de debuxo de personaxes, tomando como referencia ao icónico Totoro de Hayao Miyazaki e utilizando recursos de anime xaponés.

REVISTA ABRIL

Por outra banda, e debido ao éxito do ano pasado, Ricardo Spencer volverá introducir á cativada no abraiante mundo dos efectos especiais con sinxelos experimentos que os farán voar ou facerse crecer un sexto dedo na man.

Escoita…é cine!

Caspervek no pode faltar no GFFF. O trío vigués coñecido pola súa habilidade para poñer música en directo ao cine mudo clásico, lánzase a crear un concerto didáctico baseado en filmes de fantasía. Esta actividade achegará ao público escolar a maxia doas bandas sonoras nunha experiencia divertida e interactiva, na que os pequenos descubrirán a función da música nos filmes para transmitir emocións ou sinuarnos nun espazo e un tempo. A experiencia ten un prezo de 2 € por neno e as escolas primarias que desexen asistir poden poñerse en contacto co festival a través da súa web.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.