CAMELIAS MASCOTAS

Nova Galega de Danza abre a 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

A 40ª edición na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia celébrase na vila entre o 19 e o 27 de xullo e contará con estreas teatrais, danza, espectáculos familiares, coloquios e presentacións. Os abonos xa están á venda en Ataquilla.

Zona Franca, de Alice Ripoll | Renato Mangolin

Guillermo Calderón, Alice Ripoll, Marta Pazos, Alberto Conejero, Esther Carrodeguas… Son só algúns dos prestixiosos directores, dramaturgos e coreógrafas que visitarán este verán a vila ourensá de Ribadavia con motivo da 40ª MIT, a Mostra Internacional de Teatro que este ano celebra unha edición “máis plural, máis inclusiva e máis festiva ca nunca”. A cita é entre o 19 e o 27 de xullo en varios espazos da localidade.

A nova produción de Nova Galega de Danza, DIQUE, será a encargada de abrir a programación o venres 19 de xullo. O espectáculo fusiona danza tradicional con linguaxes contemporáneas, está dirixido por Marta Pazos e coreografiado pola mallorquina Belén Martí Lluch, colaboradora en series como La Mesías e Superstar, e conta cun equipo formado íntegramente por mulleres. A peza fala das 200 mulleres que hai 150 anos excavaron o Dique da Campá de Ferrol, un fito na enxeñería española do século XIX. Un espectáculo de homenaxe e de reflexión actual a partir da historia, en coprodución co CCG.

Detalle do cartel de DIQUE

Outro dos momentos máis esperados do festival será a estrea de Nada se sabe, peza producida polo Centro Dramático Galego xunto a Culturactiva e a propia MIT, para celebrar o seu 40 aniversario. Nada se sabe é unha adaptación da traxedia grega de Sófocles, Filoctetes, traída ao tempo actual e resignificada desde a diversidade advertindo ao público e á sociedade de que “nada se sabe” sobre ás aspiracións das persoas con discapacidade. Está dirixida por Ignacio García, exdirector do Festival de Almagro, e interpretada por dúas actrices e dous actores con diversidade funcional.

A confluencia de linguaxes e estilos, as veces nnunha mesma obra, é un dos dignos de identidade da MIT. Nesta edición, a fusión estará presente nas pezas Vestirme de ti, das galegas Nuria Sotelo e Clara Ferrao e Zona Franca, da brasileira Alice Ripoll. Esta último faise eco das aspiracións da xente moza do Brasil nun momento de transición sociopolítica. a travé do passinho, unha danza urbana que mestura o pop, o funk e o breakdance cos ritmos brasileiros.

Tamén hai unha clara aposta pola dramatuxia actual do resto do Estado, como podemos ver nos títulos de recoñecidos autores e compañías como En mitad de tanto fuego, de Alberto Conejero, con dirección de Xavier Albertí e a maxistral interpretación de Rubén de Eguía. Por outra banda, a compañía valenciana El Pont Flotant actuará por primeira vez na MIT co aclamado espectáculo Eclipse total (Premio Max mellor autoría 2023, Premio Cartelera Turia, dous premios de Teatro valenciano, Premio do Público do FIOT) , unha proposta que impregna de humor o ritual e mestura o transcendental co cotián.

Eclipse Total, de El Pont Flotant | Cedida

O peche de ouro será Iribarne, de Butaca Zero, unha investigación escénica sobre unha “farsa política moi documentada, sagaz e en certo modo épica” con aspecto de biopic sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente, Manuel Fraga.

REVISTA NOVEMBRO
Iribarne, de Butaca Zero | Cedida

A venda de entradas comeza cos abonos para todos os espectáculos do Castelo. Cada abono terá un prezo de 69,00 € e poderá adquirirse na oficina da MIT, na Praza Maior de Ribadavia e a través da web de Ataquilla.com. Será posible facelo dende o día 6 de xuño ata o día 24 de xuño. A partir do día 25 de xuño as entradas restantes poñeranse á venda, tanto na oficina como na web.

PROGRAMA COMPLETO:

Día 19 // VENRES

20:00 – Inauguración oficial da MIT 2023. Igrexa da Madalena.

21:00 – Ruadavia (Itinerante) – Treboada – Nauta Teatro e Trópico de Grelos – Galicia.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Dique – Nova Galega de Danza e CCG, co patrocinio da MIT – Galicia.

00:30 – Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Día 20 // SÁBADO

12:30 – Igrexa da Madalena. Encontro-coloquio “Mulleres en danza”. Con Alice Ripoll e Belén Martí Lluch.

20:30 – A Franqueirán – Peixe – Hotel Iocandi-La maleta dels espectacles – Cataluña. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Zona Franca – Alice Ripoll & CIA. Suave – Brasil.

1:00 – Club Artístico – Deadpan Karaoke – Ibuprofeno – Galicia. (Sesión Golfa)

Día 21 // DOMINGO

13:00 – Salón de Actos da Casa do Concello – Acto de Entrega do Premio de Honra da Academia Galega de Teatro.

20:30 – Igrexa da Madalena – Programación expandida – Residencias Paraíso: The miracle worker, de Desgarradura – Galicia-Madrid.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Paüra – Compañía Lucas Escobedo – Comunidade Valenciana.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Día 22 // LUNS

11:00-14:00 e 16:00-19:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de Darkclown con Peta Lily. Nivel 1.

20:30 – Francelos – Glubs – Yllana e Nacho Vilar – Madrid-Murcia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Othelo (termina mal) – Gabriel Chamé-Buendia Theatre – Arxentina.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Día 23 // MARTES

11:00-14:00 e 16:00-19:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de Darkclown con Peta Lily. Nivel 1.

12:30 – Igrexa da Madalena – Inauguración da exposición “A Casa Vella”.

20:00 – Santo André. Museo do Viño – Vestirme de ti – Nuria Sotelo e Clara Ferrao – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

21:00 – A Veronza – H – Les Corcoles – Cataluña- Francia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Eclipse total – El pont flotant – Comunidade Valenciana.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Día 24 // MÉRCORES

11:00-14:00 e 16:00-19:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de Darkclown con Peta Lily. Nivel 2.

20:30 – Alameda (Ruadavia) – Mortos de risa – Los Galindos – Cataluña.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Villa – Guillermo Calderón & Festival Santiago a Mil – Chile.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Día 25 // XOVES

11:00-14:00 e 16:00-19:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de Darkclown con Peta Lily. Nivel 2.

20:00 – Sampaio – Ciganí – Antón Coucheiro – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – En mitad de tanto fuego – Miramedia e Festival GREC – Madrid-Cataluña.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Día 26 // VENRES

12:30 – Igrexa da Madalena. Encontro-coloquio “Teatro público. Inlusión e outros dereitos. 40 anos do CDG”.

21:00 – San Cristovo – Mute – Cia. Orain Bi – País Vasco. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Nada se sabe – CDG e Culturactiva – Galicia.

1:00 – Club Artístico – Cancións amarelas, flores tristes – Manekineko – Galicia. (Sesión Golfa)

Día 27 // SÁBADO

12:30 – Igrexa da Madalena. Presentación de libros e resolución do Premio Abrente 2024.

19:00 – Casa da Cultura. Proxección do documental de Abrente, de Xan Leira.

21:00 – Praza Buxán-Igrexa da Madalena – Mover montañas – Alberto Velasco – Madrid-Castela León.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Iribarne – ButacaZero, CDN e MIT – Galicia.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.