UVIGO
FILLOAS

Galaxia convoca unha nova edición do Premio Illa Nova de Narrativa

A Editorial Galaxia coa colaboración do Ámbito Cultural El Corte Inglés convoca a oitava edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2024 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación.

Este premio, dotado con 3.000 euros e a publicación do libro en Galaxia, está enfocado a menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación literaria entre “os máis novos, que teñen un primeiro libro de relatos e non saben a onde envialo”, como indicou Malores Villanueva, editora e coordinadora do galardón. O prazo de admisión de orixinais será ata o 15 de abril e todas as obras deben ter unha extensión mínima de 250.000 caracteres con espazos.

Villanueva explicou que este premio, de “esperanza, talento e futuro”, tamén se concibe como unha homenaxe á colección que en 1957 sacou a Editorial Galaxia co mesmo nome e para as novas xeracións de escritores. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses valores que publicaron na colección de Galaxia

CAMELIAS NADAL

Na presentación do premio tamén participou Xosé M. Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia, e Fuencisla Cid, directora de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés, quen considera que a través do Illa Nova amosan “o compromiso” coa literatura e contribúen a “incentivar a vocación literaria nos máis novos e en galego”, para formar “unha canteira de talento”.