Nace Nigrán Blues, unha nova aposta polas músicas de raíz estadounidenses
Tras o éxito do Nigranjazz ao longo dos anos, nace agora o seu irmán blueseiro. Nigrán Blues terá lugar no espazo deportivo municipal Dunas de Gaifar o sábado 17 de agosto a partir das 19:00 con bandas de referencia en España como a Vargas Blues Band e en Arxentina Claudio Gabis. Súmanse Budda Power Blues desde Portugal, asi como os galegos The Stukcyes May Q´s Band.
O Concello de Nigrán estrea este verán o primeiro festival da comarca adicado integramente ao blues. Este terá lugar de xeito gratuito o sábado 17 de agosto a partir das 19:00 horas no espazo deportivo municipal Dunas de Gaifar (Panxón). Bautizado como Nigrán Blues, o evento realizado a través da produtora viguesa FB ProduXion (recoñecida polas súas programacións de concertos de blues, soul e funk) debutará co célebre guitarrista español Javier Vargas á fronte da Vargas Blues Band e o arxentino de referencia Claudio Gabis, acollendo tamén ao grupo portugués Budda Power Blues e os galegos The Stukcyes May Q´s Band.
“Así como o Nigranjazz sitúa a Nigrán no mapa peninsular dos mellores recintos para escoitar jazz, agora sumamos o Nigran Blues a nosa programación co obxectivo de ser tamén unha referencia neste xénero musical clave no desenvolvemento de outros moitos estilos”, considera Juan González, alcalde do municipio. O director artístico do evento, o músico Frans Banfield, opina que “é a primeira colleita de moitos anos sementando blues nunha terra onde nunca tivera cabida. Estamos moi agradecidos a Nigrán por ter a confianza e ser os únicos en poñer en valor este xénero, que leva 100 anos como nai de todos os estilos musicais”.
Grupos
Javier Vargas atópase este ano presentando novo disco con xira internacional en Europa e América , e abrirá o festival en Nigrán coa VARGAS BLUES BAND, banda de blues de referencia en España e recoñecida internacionalmente. Vargas conta con 8 discos de platino, 27 álbums publicados desde 1991, incontables xiras internacionais e colaboracións con artistas lendarios como Chris Rea,Junior Wells,Sugar Blue,Larry McCray,Jack Bruce,Double Trouble ou Miguel Ríos entre outros..
Desde Braga (Portugal) chega BUDDA POWER BLUES, un potente quinteto de Power Blues, quen se atopa de xira de festexos do seu 20 aniversario. Con 12 discos editados e organizadores do Festival de Blues de Braga, a banda portuguesa consolídase entre as mais importantes do xero no seu país.
Habitual nas súas xiras por Galicia hai mais de 15 anos, o verdadeiro ‘Pai do Blues Hispano’, CLAUDIO GABIS, desde Arxentina, repasará pezas craves dos seus 55 anos de carreira, na elite de guitarristas hispanos, xunto á banda Viguesa RED DUCK BLUES.
Finalmente, un grupo de talentosos músicos galegos de blues, THE STUCKEYS MAI`S Q BAND , poñerán a cota autóctona no festival. Trátase de profesionais que levan toda unha vida participando en jams, e grupos de blues en cidades como Santiago de Compostela, Pontevedra, e Vigo. Un repertorio eléctrico, forte e tamén con acento galego.
E para que a música e o ambiente festivaleiro non teña tempos mortos, ‘Nigrán Blues’ contarà coa participacion do DJ CRISTIAN PENELAS, recoñecido DJ da comarca quen vén organizando festas electrónicas xa consolidadas en Vigo como The Afternoon Party en Island Club ou sesións de tardeo na Fundación Saes. Con elegante Funk electro, ao finalizar os concertos fará unha sesión moi bailable para pechar unha noite que promete ser inesquecible.
Para seguir sumando alegrías, o Nigrán Blues non se suspenderá en caso de choiva, porque nese caso realizaríase no Auditorio Municipal de Nigrán.