CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

A nova edición da Desafío Bootcamp aposta pola sostenibilidade

A sostenibilidade foi desde o inicio un dos eixos da Desafío Bootcamp, que este ano implementa novas medidas para converterse nun evento respectuoso co medio ambiente e que cree conciencias. A carreira terá lugar o vindeiro 6 de outubro e agarda bater o número de participantes e público.

CAMELIAS NADAL

A quinta edición da proba deportiva Desafío Bootcamp xa ten data. Terá lugar o domingo 6 de outubro na praia de Samil e agarda superar os 2.000 participantes e os 30.000 espectadores. Como sempre hai tres categorías e as inscricións xa están abertas. As probas elite e popular constarán de 7 quilómetros de percorrido e entre 33 e 35 obstáculos. Mentres que os rapaces entre 4 e 11 anos terán que completar 1.000 metros de percorrido e oito obstáculos na Bootcamp Kids.

Para imprimir aínda máis espectacularidade ao evento, este ano haberá dúas grandes estruturas na área con diferentes obstáculos. E a proba estrela será o tobogán de 45 metros de lonxitude que estará instalado na parte central do circuíto.

A sostenibilidade é o principal eixo do evento. Nesta edición farán unha gran recollida de tapóns para reciclar que se converterán en árbores. En colaboración con Montes de Vigo contribuirán a facer medrar ese cordón circular que pretende rodear a cidade con árbores autóctonas. Por outra banda, en colaboración con Revertia instalarán nos centros deportivos unhas pequenas papeleiras para facer unha recollida masiva de aparatos electrónicos en desuso. Con todas estas accións a Bootcamp aspira a converterse nun dos principais eventos deportivos e medioambientais da cidade.

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.