Na Morada dos coidados
No entorno de Hispanidade viu a luz hai unhas semanas A Morada, un espazo de encontro con alma de patio de veciñas onde os coidados, o feminismo e a inclusión están no centro do proxecto.
Majo, Ana e Fedra teñen moito en común. As tres son abandeiradas do feminismo cun sorriso perenne na cara e aplican ambas cousas ao seu proxecto A Morada. A idea inicial da Morada era crear unha rede de apoio para mulleres coidadoras. Cando María José Gayoso “Majo” se converteu en coidadora da súa nai botou de menos un espazo no que se sentirse acompañada, puidese desconectar ou realizar actividades estimulantes e decidiu que tiña que crealo. A traballadora social Ana Martínez e a artista e docente Fedra Alcaraz uníronse a idea de crear unha rede de mulleres na que intercambiar coidados, saberes e tempo de lecer.
Abriron as súas portas hai un mes e, en tan pouco tempo, aquel pequeno xérmolo convertiuse nun gran patio de veciñas moi diversas: mulleres coidadoras e coidadas, mulleres con diversidade funcional, mulleres que quería aprender algo novo, as que tiñan o coñecemento para ensinalo e as que desfrutan de tomar un café en compañía na súa terraza ou espazo interior.
Compartir un café na súa terraza, ou desfrutar dun menú saudable de Outro Conto, proxecto co que comparten espazo, pode ser motivo suficiente para deixarse caer por A Morada, pero existen outros alicientes. En A Morada atopamos actividades formativas abertas ao público, con obradoiros regulares e puntuais que publican na súa web. Unha destas actividades é un patio de costureiras aberto a todas as persoas que desexen matrocinar o proxecto e contribuír ao seu crecemento e sostenibilidade.
Para facer o espazo aínda máis atractivo este mes de maio arrincan unha programación cultural na que atopamos música, teatro, humor, foliada e swing. A entrada a todos estes eventos é libre e gratuíta. Máis información de cada evento premendo na ligazón.
- Teatro Gorrilla: Petra Porter – Sábado 7 ás 12:30h
- A filla do juevo: Monólogo de Antía Costas – Venres 13 ás 20:30h
- Foliada – Domingo 15 ás 12:30
- Frankie Month Galego – Domingo 22 ás 12h
- Elasong Coro – Venres 27 ás 20h
- Pinchada de La Jelen DJ – Sábado 28 ás 12:30h
As estancias desta morada son infinitas, e crecerán así como as cooperativistas detecten necesidades na comunidade ou creen lazos con outros colectivos. Un proxecto que nunca estará completo, pois sempre haberá espazo para unha máis.
Rúa de Enrique Macías, 6
613 03 15 69
Web: www.amoradacooperativa.com/
Email: ola@amoradacooperativa.com
Facebook: A Morada
Instagram: @amoradacooperativa
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024
- Monkey Park, diversión salvaxe en Portugal - 12 Novembro, 2024
- Tea Talk, un sorbo de Asia no corazón da cidade - 7 Novembro, 2024