Morat, Dorian e Zoé súmanse aos concertos deste verán en Castrelos
Novas datas no calendario de concertos de verán. O Alcalde, Abel Caballero, acaba de anunciar tres novas actuacións no auditorio de Castrelos este verán: Morat, Dorian e Zoé. Estes concertos súmanse aos, xa anunciados previamente, de Raphael, Serrat, Maná e Cantajuegos.
No seu empeño de conseguir que o verán de 2018 sexa o mellor ano de concertos da historia do auditorio, Abel Caballero acaba de anunciar dúas novas datas. A noite do 27 de xullo actuarán Dorian e Zoé, mentres que o día 31 tocaralle quenda a Morat. Os artistas cataláns Dorian presentarán ante o público vigués o seu derradeiro traballo ‘Justicia Universal’. Esa mesma noite a banda mexicana Zoé fará vibrar Castrelos co seu rock alternativo. Días máis tarde, actuará Morat. O grupo colombiano repetirá na cidade un ano despois da súa actuación no Mar de Vigo. De ben seguro que neste novo concerto en Castrelos soarán grandes éxitos da banda como ‘Besos en guerra’ e ‘Como te atreves’.
A espera de novas confirmacións, así é como queda o calendario de concertos en Castrelos:
- 21 de xullo Joan Manuel Serrat
- 23 de xullo Maná
- 27 de xullo Zoé e Morgan
- 31 de xullo Morat
- 2 de agosto Raphael
- 4 de agosto Cantajuegos