CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

O rock psicodélico de Zoé quentará Castrelos para Dorian

A banda mexicana Zoé será a encargada de telonear a Dorian no concerto deste venres en Castrelos. Os mexicanos serán os encargados de caldear ao público como Dorian fixo en México para eles. Unha simbiose que Zoé xa tiña practicado con Vetusta Morla e que lle ten dado moi bos resultados.

zoe

A banda mexicana Zoé nunha foto promocional

A banda de rock alternativo Zoé foi formada en 1995 en Caravaca e hoxe en día é un dos grupos máis proclamados de México. O seu rock psicodélico chamou a atención do público mexicano que non estaba acostumado a eses ritmos. Fai xa dez anos dos primeiros concertos de Zoé en España, preto de Vigo actuaron no Portamérica 2012, cando aínda se facía en Nigrán. Nese concerto soou ‘Azul’, tema insignia da banda que de ben seguro tamén escoitaremos este venres no Auditorio de Castrelos.

Nesta xira polo noso país están a presentar o seu novo traballo Aztlán, que eles mesmos describen como un híbrido entre Prográmaton e MTV Unplugged. Música de fondo. Un traballo moi libre que explican reflicte ben o momento que están a vivir tódolos integrantes do grupo. Vigo é a última parada en España tras pasar por Barcelona, Alburqueque, Cádiz, Madrid e Valencia.