CAMELIAS MASCOTAS

O galego Álex Blanco dá vida a Michael Jackson no aclamado show Forever

Todos os amantes do Rei do Pop tedes unha cita ineludible os próximos 27 e 28 de outubro, xa que chega a Vigo Forever, o espectáculo homenaxe a Michael Jackson referencia en todo o mundo. Avalado pola familia do cantante, promete representar a obra de Michael Jackson da forma máis espectacular e respectuosa posible.

O galego Álex Blanco caracterizado como Michael Jackson | Forever, King of Pop

Forever: The Best Show About the King of Pop chega o próximo mes a Vigo con tres sesións (dous o sábado 27 e unha o domingo 28) que van a moi bo ritmo de ventas. O espectáculo, en activo desde 2011, está a ser un éxito tanto a nivel nacional como internacional. Máis de 30.000 persoas acudiron ás diferentes sesión en Barcelona, e aínda máis en Madrid. Tras esta xira nacional teñen pensado continuar o show en países como Portugal, Alemaña, Francia ou Australia. Os prezos rondarán entre os 28 e os 40€. 

REVISTA NOVEMBRO

Desde a organización, 100% española, insisten na calidade deste espectáculo, que non é unha simple homenaxe. Non consiste na recreación dun concerto de Michael Jackson, senón que un total de 25 artistas (bailarines e músicos) tratarán de representar a música, baile e filosofía do Rei do Pop. Unha festa ao redor da súa figura cunha produción moi coidada, centrada especialmente nos últimos anos do artista, nos que a maxia, os efectos especiais e o baile da rúa estaban moi presentes. Unha forma atractiva de achegar a Michael ás novas xeracións que non viviron a súa música.

O encargado de dar vida a Michael Jackson na súa faceta de bailarín será o galego Álex Blanco, que nos conta que a súa paixón polo King of Pop vén desde moi pequeno: “sempre me gustou moito a súa música, pero foi a raíz da súa morte cando comecei a investigar máis sobre a súa vida e obra”. Confesa que ver Forever en A Coruña fai nove anos cambioulle a vida: “contactei con eles para ver se necesitaban a un Michael, pero eu aínda era moi novo. Na segunda edición que fixeron non dubidei en presentarme aos castings”. Para el foi un orgullo absoluto poder actuar diante de Jermaine e La Toya Jackson e obter unhas críticas tan positivas por parte dos familiares do seu ídolo. “Foron moitísimas horas de traballo. Cando comecei a practicar tiña sobre 15 anos, e prefería quedar na casa ensaiando que saír cos meus amigos. Aparteime de moitas amizades por aprender a bailar, pero eu teño a filosofía de que o traballo duro ten os seus froitos”.

Este non será o único espectáculo tributo a Michael este outono, xa que o 9 de outubro chega ao Mar de Vigo Michael Legend. E parece que cousa vai de tributos este outono, porque o 27 de outubro, contraprogramando a Forever, estará no IFEVI Dios salve a la Reina, que recreeará o mítico concerto de Queen en Wembley de 1986. Máis alá do apartado ético deste tipo de prácticas, o que queda claro é a gran demanda que hai desta clase de shows, xa que non é casualidade que tres dos espazos máis grandes para espectáculos en vivo da cidade acollan estas propostas.

(GMT+01:00) Teatro Afundación


(GMT+01:00) Teatro Afundación


(GMT+01:00) Teatro Afundación

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.