REVISTA MARZO

Michael Kiwanuka, Goose e Diamond Dogs actuarán no Festival Underfest

A estrela do soul Michael Kiwanuka encabeza as primeiras confirmacións do Festival Underfest que se celebrará en diferentes salas e recintos da cidade do 22 ao 24 de setembro.

Michael Kiwanuka | Cedida


O británico Michael Kiwanuka é recoñecido como unha das mellores voces do soul actual e encomiado por prensa e público, trátase dun dos artistas máis solicitados polos festivais máis importantes de medio mundo, e fará a súa estrea en Galicia dentro do festival vigués o 22 de setembro no Auditorio Mar de Vigo.
Interesantes propostas como a dos belgas Goose, o londiniense PM Warson, a espectacular cantante americana Sarah McCoy ou os suecos Diamond Dogs van dando forma a un cartel no que tamén figurarán artistas nacionais de referencia nos seus respectivos estilos como Hidrogenesse ou Doutor Explosión. Como sempre dentro do festival haberá espazo para novos artistas en plena ebulición como Judeline, que aos seus 19 anos xa recibiu afagos ata da mismísima Rosalía, e por suposto propostas que representarán o mellor talento galego. Nos próximos días anunciaranse máis nomes que se sumarán a esta nova edición.
Os abonos xerais, que inclúen o concerto de Michael Kiwanuka ademais dos concertos en salas, esgotáronse no seu primeiro dia á venda, antes de que se anunciase ningún artista desta edición. Ademais do abono xeral, o festival lanzou un abono para venres e sábado que dá acceso a todos os concertos da programación das diferentes salas da cidade que participan en Underfest. A primeira cota deste abono, cun prezo de 30€ + gastos, tamén se esgotou antes de coñecerse algún dos artistas confirmados. Os novos abonos de venres e sábado teñen un prezo de 35€ + gastos e xa están dispoñibles a través da web de ataquilla.com ao igual que as entradas individuais para o concerto de Michael Kiwanuka.