CAMELIAS MASCOTAS

Marcas e locais vigueses súmanse ao Green Friday

Nos últimos anos a moda estadounidense do Black Friday chegou para quedarse. O exceso de consumismo nestes días é o motivo do nacemento do Green Friday, unha iniciativa coa que algúns locais pretenden competir contra o famoso ‘venres negro’.

Un dos deseños da marca La Canalla, que estará presente no Venres Verde do Espacio Nido | La Canalla

O que fai uns anos podería sonar a chinés, é na actualidade unha realidade totalmente asentada na nosa sociedade. Falamos do Black Friday, ese día que inaugura as compras do Nadal en Estados Unidos, e agora tamén no resto do mundo. Xa non falamos dun ‘venres negro’, senón de semanas enteiras con descontos do máis atractivos en todo tipo de locais.

A modo de protesta por estas compras do Nadal adiantadas e case compulsivas, nace o Green Friday, unha campaña ecolóxica mundial impulsada por representantes da Comisión Europea e as organizacións ECODES, WWF e Ecoserveis que pretende concienciar á cidadanía sobre a necesidade de facer un consumo máis responsable e sustentable, respectuoso co medio ambiente.

Son algúns os locais en Vigo que se suman a esta última iniciativa o próximo venres 23 de novembro. Por exemplo, no Espacio NIDO vai organizar unha festa da moda sustentable, na que haberá unha tenda efímera de marcas sustentables e éticas de Vigo, cervexa ecolóxica e música. As marcas que atoparás son La Canalla, OUI JANE!, Lechanelas Lechana, Misoco, My Little Piura e Coclub, e poderás coñecer de preto estes proxectos da man das súas creadoras.

REVISTA NOVEMBRO

A Fundación Sales tamén celebra este día dunha maneira un tanto particular o venres e o sábado: con infusións, rosas inglesas de David Austin, kokedamas de Kiare, poinsettias e un punto de reciclaxe de móbiles.  Ademais haberá unha visita guiada e un obradoiro para as crianzas. A entrada é gratuita pero é necesaria inscrición previa debido ao limitado das prazas. C

Por último, o restaurante ecolóxico Amodo presentará a exposición da pintora suiza afincada en Gondomar Donatienne Theytaz. A artista estará presente e falará da súa obra, na que predominan a natureza, as árbores, os paxaros, as flores e os insectos.

Xa sexa negro ou verde, este venres estará cargado de eventos e actividades, sobre todo nos diferentes comercios da cidade, tanto grandes como pequenos.

(GMT+01:00) Espacio Nido


(GMT+01:00) Fundación Sales


(GMT+01:00) Restaurante Amodo