CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Comercios locais para escapar do Black Friday

A organización de autónomos UPTA calcula que Galicia perderá este ano 900 pequenos comercios, uns 75 cada mes. Como parte da causa, a organización apunta ás campañas de descontos agresivos, como a que estamos a vivir estes días, só o alcance de grandes marcas e almacéns, como un dos motivos polos que os pequenos empresarios deciden baixar a persiana. En Vigo temos algo mellor que o Black Friday, temos comercios de barrio que ofrecen regalos orixinais, sostibles e cunha atención personalizada.

Ademais dos comercios remocendados, unha boa opción é regalar unha experiencia cultural. Se buscas un espectáculo de teatro, as carteleiras de ÁrtikaTeatro Ensalle seguro que che ofrecen opcións interesantes. Se prefires múscia, bótalle un ollo á programación das salas da cidade, como a Molotov, a Kominsky, Vitruvia ou a Rebullón . Lembra que podes consultar todos os eventos na axenda máis completa da cidade, na nosa web, que ademais permite filtrar por categorías.

Felicetta Gualtieri

Rúa de Alfonso XIII, 9 (Simia Coworking)

Tras traballar en grandes marcas como Volcom ou Zara Felicetta Gualtieri decidiu dedicar os seus esforzous ao upcycling, un conxunto de técnicas que utilizan a creatividade para dotar de valor engadido a obxectos que xa existen. Por exemplo: un peto creado con retazos de pantalóns vaqueiros e, coa tea sobrante, elaborou un bolso e un pequeno coxín e tamén reutilizou os botóns, a cremalleira e incluso os fíos. Recolle encargos personalizados, imparte talleres e organiza mensualmente o evento Mercado Reciclado.

Flamingos Vintage Kilo 

Rúa do Doutor Cadaval, 21

Tenda de moda vintage importada dos Estados Unidos no que as prendas páganse por quilo. Hawaianas, camisas Western, crazy jackets, beisboleras, vestidos, saias, monos, petos, Levis 501, tie dyes, chaquetas de pel, cintos, botas cowboy…todo isto e moito máis.

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12

Galería Maraca é un punto de encontro creativo co espíritu de dar cabida ás tendencias artísticas que teñen pouca recepción nas galerías convencionais. Unha proposta onde poderás atopar as novas tendencias da cultura pop contemporánea convivindo ilustración, deseño e arte nun espacio curado desde Chachchá Studio con cariño, pasión e moitas “cousas de molar”.

La Contenedora

Rúa de Eduardo Iglesias, 11

Take away, tenda de roupa, galería de arte, taller de cursos…un espazo realmente polivalente e creativo rexentado por Leticia Rodríguez e Saúl Seoane, creadores en 2019 do proxecto Alga Clases y Talleres. Este “contedor” artístico alberga propostas artísticas, comerciais, culturais, formativas e hostaleiras co que se busca darlle unha nova vida a esta rúa transversal á do Príncipe

Le Marche de Rachel 

Rúa Carral, 15

Comercio no que a cor, os estampados e os deseños orixinais ocupan paredes, estantes, vitrinas e burras. Unha tenda multimarca onde cada prenda elíxese polo seu deseño, pero tamén con criterios de calidade e sostenibilidade. O prato forte son as prendas de roupa, pero Le Marché de Rachel tamén vende calzado, mochilas, estoxos e complementos artesanais e chamativos.

Librouro

Rúa Eduardo Iglesias, 12

Aberta desde 1965, Librouro xa se converteu nunha das librarías de referencia no centro da cidade. Cun catálogo xeral e diverso, no que se presta especial atención ao libro en galego, podemos atopar a obra que necesitemos e ser recibidos cun trato profesional e amable. Entre a súa oferta podemos atopar literatura xeral, textos universitarios, libros de idiomas, obras infantís e xuvenís, cómics, papelería e incluso filatelia.

MAPIS

Rúa de Pizarro, 47

Mapis nace como tenda de puericultura no centro de Vigo e un espazo familiar no que os pais e nais teñan asesoramento personalizado.  poderás atopar todos os artigos para nais e pais que precises ou poidas soñar: accesorios, carriños, xoguetes… Sempre das mellores marcas e conxugando funcionalidade, estética e diversión. Se encargas xa os teus regalos de Nadal fanche un 10% de desconto e podes pagalos en dous prazos.

Morrña Shop

Praza da Pedra, 5

A través de soportes como a camiseta e artigos de regalo, tratan de reivindicar identidade galega, desde unha perspectiva contemporánea, enfrentando os iconos actuais e imaxinería popular da que tan orgullosos estamos!

Rataloka Tattoo Studio

Camelias n°22, bajo A

Rataloka Tattoo abriu no 2017 capitaneado por Andrea, tatuadora en activo desde o 2012. Ademais dela, o establecemento conta con tres artistas residentes, un que intercala Vigo e Frankfurt quincenalmente e algúns invitados do resto da Península. Os puntos fortes do seu deseño son a cor sólida e o trazo da liña dentro do estilo neotradicional, mais non ten reparos en adaptarse ás esixencias da clientela.

Sr. Nilsson 

Rúa Triunfo, 2

Situada en pleno Casco Vello, ao carón da Praza da Constitución, Sr.Nilsson é unha tenda multimarca de moda e accesorios con selo nacional. Cunha decoración coidada, mestura o vintage e o ecléctico ofrendo gran variedade de prendas e accesorios orixinais e moi especiais que sentan ben, duran e están fabricadas garantindo os dereitos laborais das traballadoras.

Vaidhé 

Rúa Carral, 7

En Vaidhé, Iris e Eli seleccionan láminas, libros, xoias, cerámica, roupa e obxectos decorativos de pequenos artesáns e marcas maioritariamente galegas. Tamén venden produtos deseñados por elas mesmas, como a colección de tote bags con mensaxe ou os cadernos para que amantes do cine, os libros, as viaxes ou a cociña rexistren a súa paixón con mimo e estilo.

Woodtown

Av das Camelias, 20

A moda urbana ten en Vigo un templo de madeira chamado Woodtown. Contan con todo tipo de prendas e zapatillas de marcas internacionais recoñecidas, como Carhart, Vans, Huf, Element, Revolution ou Numeric by New Balance. Woodtown e a súa sorrinte tendeira Joana son referencia dun estilo de vida urbano, desenfadado e alternativo, pero que presta especial atención á calidade e o deseño das prendas que viste.