CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Ata un 40% de desconto polo Black Friday no Mar de Vigo

Os descontos polo Black Friday, ademais de nas tendas, chegan aos espectáculos. O Auditorio Mar de Vigo, que conta cunha variada e ampla axenda para os próximos meses, quere celebrar o acendido das luces e o venres negro para a maior oferta de desconto en entradas en toda a súa historia. Podes mercar as entradas na plataforma TeuTicket.

CAMELIAS NADAL
O auditorio, con restriccións de aforo, no concerto de Laura Lamontagne & PicoAmperio | P. Vázquez

Desde este sábado, 20 de novembro, no momento en que as luces se encendan, poñeránse a disposición do público máis de 6.000 entradas, para cerca de 40 espectáculos diferentes, con descontos entre o 20% e o 40%. Todas as entradas para os espectáculos do Mar de Vigo de ópera, ballet, concertos, espectáculos familiares, maxia, monólogos, etcétera, terán descontos durante unha semana, do 20 ao 27 de novembro. Serán para todos os espectáculos que estén programados neste momento, incluso todos os do ano 2022, que xa son moitos: La MODA, Eels, Mikel Erentxun, Nacho Vegas, Michael Kiwanuka, Sharon Corr, Miss Cafeína…

Así, o público terá descontos de ata un 40% no espectáculo do ilusionista Pedro Volta, previsto para o 7 xaneiro ou no do espectacular coro de voces Alabama Gospel Choir, que terá lugar o 22 de decembro. Varios eventos terán descontos de ata un 30%, entre os que está o musical ‘Antoine’, sobre a historia de Antoine de Saint-Exupéry, o creador do libro ‘El Principito’, que terá catro funcións no Mar de Vigo, o 29 e 30 de decembro e o 1 e 2 de xaneiro. Máis próximos no tempo están dous espectáculos que terán un 25% de desconto como son a ópera ‘Madama Butterfly’ o domingo 21 de novembro o banda rock Los Zigarros, que actuará no Hall do Mar de Vigo o 4 de decembro. Outros espectáculos moi agardados en decembro terán un 20% de desconto nas entradas, como son o concerto de Love of Lesbian o 11 de decembro , o espectáculo de maxia cómica do Mago Jandro o 12 de decembro ou a actuación de Dulce Pontes o 18 de decembro.

Por outra banda, o Musical ‘Ghost’ chega a Vigo tras dúas tempadas en Madrid cun rotundo éxito de crítica e público e cun Premio Broadway World Spain 2020 ao Mellor Musical. Representarase no Auditorio Mar de Vigo desde o 3 ata o 6 de marzo de 2022, seis únicas funcións.