O mal tempo obriga a cancelar os actos do último día de Entroido
O Concello acaba de cancelar os actos previstos dentro do programa de Entroido en Vigo para esta tarde por cuestión climatolóxicas. O meco que foi queimado onte a noite non poderá ser enterrado esta tarde tal e como manda a tradicción.
A choiva e a inestabilidade climatolóxica obrigan a cancelar todos os actos programados para esta tarde. A partir das 18:00 estaban previstas as exequias funerarias das comparsas que desfilarían por Porta do Sol, Príncipe, Colón e Policarpo Sanz para remtar de novo na Porta do Sol. Tampouco se lle dará sepelio ao meco, acto previsto para as 19:30 no escenario de Porta do Sol. Tras o enterro do meco se darían a coñecer as comparsas gañadoras do desfile do pasado sábado.