O mal tempo obriga a cancelar os actos do último día de Entroido – A Movida

O mal tempo obriga a cancelar os actos do último día de Entroido

O Concello acaba de cancelar os actos previstos dentro do programa de Entroido para esta tarde por cuestión climatolóxicas. O meco que foi queimado onte a noite non poderá ser enterrado esta tarde tal e como manda a tradicción.

A choiva e a inestabilidade climatolóxica obrigan a cancelar todos os actos programados para esta tarde. A partir das 18:00 estaban previstas as exequias funerarias das comparsas que desfilarían por Porta do Sol, Príncipe, Colón e Policarpo Sanz para remtar de novo na Porta do Sol. Tampouco se lle dará sepelio ao meco, acto previsto para as 19:30 no escenario de Porta do Sol. Tras o enterro do meco se darían a coñecer as comparsas gañadoras do desfile do pasado sábado.

Onte, o meco de Feijóo non se libraba do lume | Tamara Novoa

Compartir
X