CAMELIAS

O mal tempo obriga a cancelar varias actividades ao aire libre

O mal tempo obriga a cancelar varias actividades ao aire libre previstas para esta fin de semana e cambiar de emprazamento algunha outra.

A choiva e o vento nos acompañarán estos días | Fernando Laconde

Debido ao anuncio de alerta amarela decretado para esta fin de semana pola Axencia Estatal da Meteoroloxía (Aemet) e o 112, varias actividades foron canceladas, aprazadas ou movidas a outro emprazamento.
A carreira Vigual, Vigo corre pola igualdade que se ía celebrar este domingo polo centro da cidade queda aprazada para unha nova data que se anunciará proximamente. O Concello, a fin de garantir a seguridade dos participantes, intentará atopar nova data para esta acción na que xa había 1.653 inscritos dispostos a percorrer o centro da cidade nun evento non competitivo.
As actividades ao aire libre programadas dentro do Camiño a Camiño foron suspendidas. Isto quere dicir que non se celebrarán o curso de hortas previsto para o sábado nin o percorrido medioambiental polos montes de Bembrive e Zamáns do domingo.
Esta tarde se ía celebrar unha actividade de Contacontos en Igualdade para os máis pequenos da casa na Praza 8 de marzo que tamén queda suspendida a espera de reprogramala nunha nova data.
Por último, o Festival Solidario Bicos de Papel que se ía celebrar no IES Frián de Teis terá lugar no IFEVI, a entrada é gratuíta dende ás once da mañá ás seis da tarde.

VEGANA

Pero que Héctor non vos asuste que hai unha chea de cousas para facer a cuberto. Podes consultalas todas na axenda de A Movida.