Baiona bota o pulso ao mal tempo
Baiona desafía á choiva, ao vento e ao frio e celebra a súa festa máis emblemática: Arribada
Na mañá do domingo o mal tempo deu unha tregua e baionenses e foráneos encheron as rúas de Baiona para celebrar a 23 edición da Festa da Arribada. Os ritmos medievais, os postos de artesanías e por suposto os de comida deron vida á vila. Ás doce do mediodía o tradicional desfile medieval saía da Fortaleza para adentrarse e animar as rúas da vila. A comitiva encabezada por un grupo de gaiteiros estaba formada por cabaleiros de armas, arqueiros, realeza e un alegre grupo de bufóns que interpelaba a xente para que participase da festa.
Cada vez máis xente doutras partes de Galicia e de fóra do país se achega á vila a empaparse do espítito medieval e a conmemorar unha data que marcaría o transcurrir da historia: fai agora 525 anos a carabela Pinta arribaba a Baiona coa nova do descubrimento de América. Esta tarde ás 20:00 e mañá ás 18:00 representarase a chegada da Carabela na praia da Ribeira, este é un dos actos centrais da festa.
Últimos posts de Tamara Novoa (ver todos)
- As rondallas resisten no rural - 26 Novembro, 2025
- Antón Reixa, poeta: «Os da movida eramos uns frustrados diso que se chamou a Transición» - 26 Novembro, 2025
- Carlos Núñez: «É fundamental recoñecer a quen morreu loitando polos dereitos que temos hoxe» - 27 Outubro, 2025
- Viaxe a historia negra de San Simón - 24 Outubro, 2025
- Marcos de la Fuente, poeta: «Carlos Oroza deume un camiño que seguir» - 24 Setembro, 2025





















