CAMELIAS MASCOTAS

Máis festivais galegos confirman datas: Atlantic Fest e 17º Ribeira Sacra

A tempada festivaleira vai collendo forma. O Atlantic Fest e o 17º Ribeira Sacra Festival súmanse aos xa confirmados: Vive Nigrán, PortAmérica, Revenidas, Resurrection Fest e SonRías Baixas. Tomade nota, que o verán está a volta da esquina.

REVISTA NOVEMBRO
Imaxe do concerto de McEnroe no miradoiro de Santiorxo, en 2019 | Javier Rosa

A axenda festivaleira non para de medrar. Atlantic Fest volve os días 15, 16 e 17 de xullo no seu formato orixinal, na Praia da Concha de Vilagarcía de Arousa. Como cabeza de cartel destaca Andrés Calamaro, un dos autores en lingua castelá máis importantes das últimas décadas. Estará acompañado, de momento, por Fangoria e Las Nancys Rubias, Los Planetas, Maria Arnall i Marcel Bagés, La casa azul, Rojuu, Los hermanos Cubero, El último vecino, Depresión sonora, Kora, Las dianas e Rocío Saiz. Os abonos xa están á venda na web do festival. As entradas da edición de 2020, cancelada pola pandemia, son válidas para este ano.

Pola súa banda, o 17º Ribeira Sacra Festival confirma as datas da súa celebración: 29, 30 e 31 de xullo. Unha das súas particularidades é a dispersión dos escenarios por diferentes lugares da contorna, todos eles dunha gran beleza. Ademais destas particulares localizacións, como un catamarán polo río Sil ou o miradoiro de Santiorxo, o evento ofrece actividades que complementan esa fin de semana como os roteiros, os showcookings ou as catas a cegas ou catas musicadas. Proximamente saíran á venda os tickets “a cegas”, para todas aquelas persoas que queiran mercar os abonos sen sequera coñecer o cartel.

Como xa vos comentamos en anteriores artigos, outros festivais galegos tamén adiantaron parte do cartel e as datas de celebración:

  • PortAmérica (2-3/6, Portas):  Andrés SuárezBaiucaCoque Malla, Delaporte, El Columpio Asesino, La La Love You, Lori Meyers, Mikel Erentxun, Natalia Lacunza, Rozalén ou Viva Suecia.
  • Resurrection Fest (29/6 – 3/7, Viveiro): Avenged Sevenfold, KoRn, Judas Priest, Deftones, Sabaton, Bring Me The Horizon, Rise Against, Mastodon, Opeth ou Bullet For My Valentine
  • Vive Nigrán (16/7, Nigrán): Rigoberta Bandini
  • SonRías Baixas (4-6/8, Bueu): Kase.O Jazz Magnetism, Rayden, Arnau Griso, Balkan Paradise Orchestra, Buhos e García Mc & Nación Quilombo
  • Revenidas (7-11/9, Vilaxoán de Arousa): Baiuca, Zoo, SFDK, Lendakaris Muertos, Dubioza Kolektiv e Ladilla Rusa.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.