CAMELIAS MASCOTAS

Ledicia Costas e Xosé González Martínez, dous vigueses recoñecidos nos Premios da Cultura Galega

Dous vigueses, a escritora Ledicia Costas e o dinamizador cultural Xosé González Martínez recibiron onte na Cidade da Cultura o Premio da Cultura Galega 2020, outorgados pola Consellería de Cultura a persoas de relevancia na creación e difusión da cultura en galego.

O presidente da xunta de Galicia xunto aos premiados, onte durante a gala

Na tarde do xoves 8 de abril celebrouse na Cidade da Cultura a gala de enetrega dos Premios da Cultura Galega, que recoñecen o traballo de profesionais da cultura en lingua galega. O acto quixo ser un “recoñecemento ao traballo do sector ante a pandemia” e contou coa participación de profesionais de diversos ámbitos artísticos. Entre eles, os intérpretes  Benedicta Sánchez e Xosé Antonio Touriñán, o escultor Francisco Leiro, o escritor Manuel Loureiro, a presidenta de Músicas  ao Vivo, Xiana Lastra; Encarna Lago, xerente da  Rede Museística Provincial de Lugo; ou Juan Rodríguez, presidente de Escena  Galega.

REVISTA NOVEMBRO

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia recoñeceu a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia a través de oito galardóns en oito disciplinas: a escritora Ledicia Costas, o fotógrafo  Xurxo Lobato, a Federación de Teatro  Afeccionado de Galicia  FEGATEA, o centro de música popular aCentral  Folque, o  exdirector da  Filmoteca Española Chema Prado, o dinamizador da cultura e lingua galegas Xosé González Martínez, a Fundación  Penzol e a responsable do Centro de  Estudos Galegos en  Budapest,  Ildiko  Szijj.

A estatuíña que se esntregou aos oito gañadores desta edición foi elaborado pola artista Soledad  Penalta. A peza, chamada ‘ Unha decisión profunda’, está elaborada en aceiro mediante técnicas de corte, soldadura, manuscrito e pintado, e xoga coa simboloxía do infinito e a primeira letra da palabra ‘cultura’.

Ademáis da entrega de premios, durante a gala, que foi retransmitida en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Xunta, desfrutáronse diferentes pezas escénicas e audiovisuais, como o espectáculo inicial de danza contemporánea a cargo da compañía  Kirenia Danza; a peza audiovisual coordinada pola poeta Yolanda Castaño, na que se conta con rostros coñecidos e anónimos de numerosos profesionais e traballadores da cultura galega; a actuación da artista Laura  Lamontagne con  DJ  PicoAmperio e o Himno  Galego interpretado pola soprano Laura Alonso.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.