Lecer e natureza desde Baiona
Baiona ofrécenos todo tipo de actividades ao estar situada xunto ao mar e rodeada polos montes da Groba. Baiventura ofrécenos a oportunidade de facer actividades como barranquismo, sendeirismo, vela, puenting ou espeleoloxía e con Piratas de Nabia podemos viaxar ata os paraísos de Cíes e Ons.
BAIVENTURA. Deporte de mar e montaña en Baiona
Baiventura é unha empresa dedicada ao deporte na natureza, que combina mar e montaña en actividades como barranquismo, sendeirismo, vela, puenting ou espeleoloxía. A través destas actividades buscan difundir o patrimonio histórico e natural de Baiona e os seus arredores ao mesmo tempo que activamos o noso corpo.
Tras alcanzar o segundo premio nun concurso de emprendemento en 2015, David Fontán non tardou moito en botar a andar Baiventura, un xeito diferente de complementar a súa paixón polo deporte na natureza e a contorna única de Baiona: “Non só facemos a parte de turismo activo ao cliente final, se non que sobre todo traballamos para outras empresas ou organismos públicos para mellorar o crear novos produtos e proxectos”, explica. Isto inclúe actividades como o sendeirismo, o barranquismo, a vela, o puenting ou a espeleoloxía. Tamén teñen organizado xornadas de team building para fortalecer o traballo en equipo ou xincanas marítimas, demostrando unha gran polivalencia neste eido. Un dos proxectos máis exitosos está a ser Baiona Natural, onde divulgan o patrimonio histórico e natural do concello a través de rutas nas que a montaña e o mar son os protagonistas. Fontán apunta que non son unha empresa de turismo activo como tal, xa que eles enfocan os seus esforzos no contido da actividade. É dicir, buscan que este tipo de actividades non queden só para as despedidas de solteiro ou os aniversarios, se non que sirvan para descubrir e formarse nestas disciplinas. Non é so unha experiencia, é tamén coñecemento que busca xerar unha continuidade.
Baiona e a súa contorna contan con lugares que paga a pena coñecer a fondo duante todo o ano: a serra da Groba, Chan da Lagoa, as sendas de Baíña e Baredo… Fontán destaca o feito de que os roteiros son de sendeirismo e non andainas. Isto é, trátase de unha actividade deportiva, polo que independientemente do nivel de dificultade sempre haberá unha esixencia física mínima.
Baiventura | 690 81 43 43 | baiventuragalicia@gmail.com | @baiventuragalicia
PIRATAS DE NABIA. Escapadas ao paraíso
Outra das opcións que temos en Baiona é poñer rumbo ás illas de Ons e Cíes a bordo das embarcacións de Piratas de Nabia. No caso do primeiro traxecto, o 27 de agosto sae o último barco rumbo ao arquipélago situado ao oeste da ría de Pontevedra. Por sorte, para visitar ese paraíso insular chamado Cíes temos dúas semanas máis, ata o 11 de setembro, polo que resulta un plan do máis apetecible para pechar o verán. Con dous barcos de ida e dous de volta case todos os días, os horarios adáptanse ás túas necesidades ofrecendo opción de pasar unha xornada enteiro nas illas ou facer noite para descubrir os sesu encantos con máis calma.
As illas Cíes ofrecen un turismo activo e de praia nunha das paraxes máis fermosas do país. A praia de Rodas, o faro do monte, o Altodo Príncipe, a Pedra da Campá, a praia de Nosa Señora, o faro da Porta e do Peito, as vistas á illa sur… un destino asequible, tranquilo, próximo e que nunca decepciona.
Piratas de Nabia | piratasdenabia.com | 986 320 048 | info@piratasdenabia.com | Estación Marítima de Vigo (r/ Cánovas del Castillo s/n, Vigo) | @piratasdenabia
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024