Laura Ferrero: “Ás veces as historias comezan en lugares pequenos”
Xornalista, escritora e guionista, a barcelonesa Laura Ferrero vive por e para as palabras. A súa carreira literaria inicouse co exitoso libro de relatos Piscinas vacías, e cinco anos despois volve probar sorte neste mismo formato con La gente no existe. Unha obra cargada de delicadeza, historias cotiás, melancolía e esperanza. Falamos con ela despois do seu paso polo Club Faro.
A través dos seus relatos, Laura Ferrero propón espazos recoñecibles e situación nas que é doado sentirse identificado, mais algunhas tamén teñen esa atmosfera suxerente e case máxica que as fai diferentes, especiais. “A inspiración depende moito da historia, pero onde mellor funciono é no cotiáns: dando un paseo, no tren… Ás veces as historias comezan en lugares pequenos”, comenta a autora. O certo é que, como explica a protagonista do relato Candy Crush facendo unha comparación coas pirámides de Exipto, “as historias constrúense a partir dos detalles, pero o que permanece é a forma, o universal”.
Nesa mesma historia hai unha frase que describe de maneira acertada La gente no existe: “A literatura parécese á vida pero non é a vida”. Segundo ela, “o cine e a literatura están cheos de causalidades e nexos, todo ten relación, pero na vida real non pasa o mesmo”. Licenciada en Xornalismo e Filosofía, foi esta última vertente a que calou nela e nos seus textos, aportándolle unha visión moi humanista aos seus escritos: “O meu gusto pola realidade vén pola vida en si, non pola actualidade. Dedícome ás cousas que nos definen a vida pero no tocante ás relacións e os vínculos persoais”, explica Ferrero.
A pesar de ser catalana, Laura responde á galega ao ser preguntada polo contido autobiográfico nas súas historias: “Todo e nada, porque todas teñen algo de ti mesma, pero unha vez as transformas en literatura comezan a despegarse de ti”. Esa capacidade de observación é, na opinión da escritora, unha das súas virtudes preferidas nas persoas: “Ás veces imos tan rápidos que non nos detemos a ver as cousas”.
A diferencia do que opinaba Domingo Villar cando presentaba Algúns contos completos, Ferrero afronta de maneira moi distinta a realización dunha novela e dun libro de relatos: “Unha novela é algo que non abandonas en moito tempo, polo que non podes cansarte dos personaxes. Se un relato non te gusta o descartas e xa está”, comenta a autora, quen admite deixar fóra algúns textos por ter un ton diferente ao resto e por non tocar o tema transversal que recorre todos eles: “A pregunta pola existencia”, desvela Laura.