COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Vigo acollerá concertos secretos en lugares inusuais

A plataforma internacional Sofar Sounds organizará este verán concertos dos que non coñeceremos os artistas nin o lugar no que se celebrarán, que serán sitios como igrexas, vivendas privadas, locais comerciais, espazos culturais ou almacéns.

Un concerto secreto en Lakefront Sauna | Marcus Jarvinnen

Nun momento como este, de grandes concertos e festivais, Sofar Sounds propón o contrario, o íntimo; a conexión directa entre público e artistas. Sofar chega a Vigo despois do éxito cultivado en máis de 400 cidades por todo o mundo, e faino coa dinámica que caracteriza á plataforma, o factor sorpresa.

As persoas asistentes aos eventos de Sofar Sounds compran as súas entradas a cegas. É parte da experiencia, adquírense as localidades sen saber onde se vai a celebrar o concerto, nin que artistas participarán nel. O único que se coñece de antemán, ademais da data, é a hora e a localización aproximada, para que o espectador poida organizarse. 36 horas antes do evento, recibirá unha mensaxe coa dirección exacta na que se celebrará. A dirección non será a dunha sala de concertos, nin a dun auditorio. Sofar Sounds celebra os seus eventos en todo tipo de localizacións inusuais; concertos en igrexas, vivendas privadas, locais comerciais, espazos culturais, almacéns… Calquera sitio é bo para conectar coa música de preto, e niso consiste a experiencia.

Unha vez alí, os asistentes acomódanse nas súas localizacións e prepáranse para deleitarse co directo. Nese momento irán descubrindo aos artistas e gozando de cada unha das actuacións durante aproximadamente 25 minutos. Cada evento conta coa participación de tres artistas seleccionados por Sofar Sounds, polo que a calidade está asegurada. En Vigo, o obxectivo será impulsar o talento local e o da comunidade galega, así como tamén aproveitar o paso doutros artistas pola cidade e traballar con Sofar España para impulsar aos artistas vigueses noutras cidades.

SONRIAS

Formar parte de Sofar Sounds é sinxelo; é posible facerse con entradas na súa web; Ademais, Sofar convida os artistas, así como aos propietarios de lugares que poidan acoller eventos de Sofar, a inscribirse no seu portal para futuros eventos.