La Marujita, tradición de deseño
Cando os negocios tradicionais pechan, a identidade esvaécese con eles. Este non ó o caso de La Marujita, un local de recente apertura situado na antiga librería Cervantes que conserva moita da pegada da antiga tenda, incluso o letreiro na entrada. A decoración, que rescata mobiliario dos anos setenta combinado con pezas de deseño nórdico é cousa do dono, Manuel Pampillón, que antes de ser hostaleiro fixo carreira no mundo da moda. A súa paixón polo deseño é palpable no mimo con que están escollidas todas as pezas do mobiliario, tapicerías, vaixelas…conservando a antiga lareira da casa, ou a característica varanda do segundo andar da extinta libraría. “Quería que o local se sentise diferente nada máis entrar”, explica o propietario que engade que tardou ano e medio en realizar a obra e o proxecto decorativo para que o local lozca como o fai hoxe. Para o nome, Manuel decidiu facer unha homenaxe á súa avoa.
Unha vez coa carta na man, as sorpresan continúan, pois La Marujita aúna os tres conceptos da hostalería tradicional: restaurante, cafetería e pub de primeira hora. Da cociña, con Marián Rodríguez á fronte, saen pratos que combinan tradición e sofisticación, con ingredientes cen por cento galegos nunha carta sinxela e elaborada que muda coas estacións. A idea é ter poucos pratos durante períodos curtos de tempo “para non aburrirnos nunca e garantir que todo o produto é o máis fresco posible”. A carta pode degustarse no salón comedor do establecemento, situado na parte posterior, mentres que para tomar algo ou almorzar deberemos dirixirnos á terraza ou á área de cafetería, na entrada do local. “Cada zona está pensada para desfrutar momentos diferentes”.
A minuta de almorzos ten arrecendo francés e nela a bolería gala é a protagonista. En La Marujita elaboran os seus propios croissants de manteiga, galletas e donuts, estes últimos recheos de deliciosas marmeladas caseiras e queixo mascarpone. Na epígrafe salgada, o protagonismo é para o bagle de pavo e eiruga, as torradas con tomate e xamón ibérico e a tortilla que leva o nome do local. E para beber, un café arábica, unha infusión, un zume de laranxa natural e, para os máis animados, un cóctel con receita da casa que cambian segundo a hora do día.
Datos de contacto:
Rúa de Policarpo Sanz, 27
986 43 73 52
lamarujita.com
@lamarujitavigo
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024