CAMELIAS MASCOTAS

La Contenedora inaugura o seu “coworking nómade”

O espazo multidisciplinar La Contenedora, situado na rúa Eduardo Iglesias, inaugura no primeiro andar un coworking “nómade” que promove a flexibilidade e as sinerxias entre artistas. Podes alugar o teu espazo entre unha e 200 horas.

Hai xa ano e medio que Leticia Rodríguez e Saúl Seoane cambiaron Alga por La Contenedora, un amplo espazo multidisciplinar situado fronte ao antigo Cine Teatro Tamberlick que funciona como cafetería, tenda, galería e academia de cursos. E, agora, tamén como coworking. Os dous puntos fortes desta iniciativa son a súa flexibilidade horaria e as sinerxias que podes crear con outros profesionais do ámbito artístico.

Saúl e Leticia | P. Vázquez

Sobre o primeiro punto, dependendo de canto tempo necesites, podes seleccionar desde unha ata 200 horas. Podes mercar os bonos na zona de take away, cun horario de funcionamento de 8:30 a 14:30 e de 16:00 a
20:30, de luns a venres
. Proximamente habilitarán unha app para poder realizar as reservas de xeito máis sinxelo, pero polo momento a dispoñibilidade está suxeita á orde de chegada. Se ao rematar a xornada de traballo sobráronche horas do paquete, podes utilizalas noutro momento.

REVISTA NOVEMBRO

Outra característica na que inciden desde La Contenedora é no seu ambiente artístico e creativo, o que pode xerar interesantes sinerxias de traballo e funcionar como catalizador para futuros proxectos. Preme aquí para obter máis información sobre o coworking e o resto de actividades que desenvolven neste céntrico local.

Tarifas coworking

– 200 h – 200 €
– 100 h – 130 €
– 50 h – 75 €
– 25 h – 45 €
– 8 h – 20 €
– 1 h – 4 €

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.